Reciclando

Ola familias! Nestas dúas semanas os cabaleiros recibimos varias visitas. A primeira foi a de Zori, que veu para contarnos un conto xigante feito manualmente co que quedamos ensimesmados. A segunda visita foi a de Bolita, é a mascota de Julia Abeijón e veu con ela e con Lucía para contarnos unha chea de cousas sobre os hámsteres.

Ademais estivemos aprendendo a reciclar recollendo o lixo do patio e separándoo en plástico e papel. Finalmente celebramos o aniversario de Diego S. Parabéns pequecho 🙂

Deixámosvos unha fotografía de grupo que esperamos que vos guste tanto como a nós. Vémonos pronto.

1

2

3

4

5

6

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *