Fiunchos

Ola familias! Durante o tempo que o blogue estivo inactivo, na aula de cabaleiros recibimos a primavera manipulando flores e cun contacontos de insectos entre outras actividades. Tamén traballamos as cores.

A Pascua foi outra protagonista. Primeiro decoramos os ovos e ao día seguinte estaban agochados polo patio. Pasámolo en grande buscándoos!

Finalmente celebramos o Día do Libro inaugurando a nova biblioteca da escola, á que fomos de visita cos feiticeiros e cos trobadores.

Despedímonos coas fotografías de Paula, Ana, Diego Teijo, Emily, Pablo Rey, Sergio e Lucía, pois celebraron os dous aniños con nós 🙂 Un saúdo. Vémonos pronto! 

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *