Grazas!

Ola! Ola! Familias! Como xa levastes no pincho usb todo o que fixemos ao longo do curso, incluídas as fotografías que vos prometemos na entrada anterior, aproveitamos esta entrada única e exclusivamente para darvos unha e mil veces grazas.

Queremos recordarvos que para nós foi un curso excepcional xa que traballar con familias coma vós foi todo un privilexio. Lembrade que estamos aquí para o que necesitedes e que agardamos visitas 🙂

Despedímonos cunhas fotografías especiais. Unha aperta enorme. Xa vos botamos de menos. Feliz verán!

1

2

3

4

5

2 comments on Grazas!

  1. Moitas grazas a vós por todo! Foi unha sorte contar cunhas educadoras tan marabillosas! Ao voso lado os nosos peques foron medrando en tódolos sentidos…despedímonos moi tristes pero tamén afrontando con ilusión unha nova etapa, xa vos iremos contando! ! Grazas de novo a todo o equipo e disfrutade moito do verán! !! Bicos mil!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *