Xa temos poliños :)

Ola familias! Aquí vimos os/as veterinarios/as para contarvos o que fixemos ao longo do mes de maio, pero antes adiantámosvos que os ovos que tiñamos na incubadora comezaron a romper e naceron seis poliños. Ademais Poli e Pili volveron poñer dous oviños e estes Pili si que os está incubando. Para a próxima entrada prometemos fotiños desta evolución.

Imos pois co mes de maio. Deixámosvos un resumo do que estivemos a facer:

1 – Adicámoslle unha semana ás cores. Para iso vimos vestidos cada día dunha cor primaria, manipulamos obxectos dunha mesma cor, pintamos ou pegamos gomets e fixemos un experimento onde puidemos apreciar a mestura das cores.

2 – Celebramos a festa dos maios. Grazas á vosa colaboración fixemos alfombras florais, decoramos un maio e a escola encheuse de flores.

3 – Festexamos o Día das Letras Galegas. A directora ensinounos as partes da gaita e tocounos unhas peziñas para cantar e bailar.

4 – Chegou a semana dos/as chefs e con ela a manipulación de pasta cocida e sen cocer, a cociña creativa con froitas e as brochetas xeadas. Como comprobaredes nas fotos que estades a punto de ver tamén nos puxemos as botas 🙂

1

2

3

4

5

6

7

9

8

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

Por certo, a última fotografía veu acompañada dun “se acabó” hihi. Un saudiño! Vémonos pronto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *