A Primavera na aula dos bombeiros

Xa fai algo máis dun mes que comezou a Primavera e na aula dos bombeiros puxémonos  a descubrir que cousiñas pasaban nesta estación. A través da caixa máxica descubrimos que xa estaban a nacer as flores nos xardíns así que tiñamos que traballar para decorar a nosa escola e tamén a estación de bombeiros.

Pintamos un mural para o corredor e coas nosas máxicas mans pintamos unhas fermosas eirugas!

Como a Primavera é tempo de plantar, tamén plantamos unhas sementes de xirasois, estámolos a coidar tan ben que estan crecendo moitísimo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *