Ano novo …

Ola familias! Estades a punto de ler a primeira entrada do ano e, como xa hai algún tempo que non nos pasamos por aquí, ven cargadiña de actividades. Así é como rematamos os/as veterinarios/as o ano 2013:

1. Todas as mañás démonos a benvida coas tradicionais panxoliñas.

2. Elaboramos unha postal e levámola á exposición na que todas as familias colaborastes. Como nos gustou amosar as postais que confeccionamos na casa.

3. Fixemos doces de Nadal para que os probarades na festa.

4. Celebramos os aniversarios dos/as máis pequechos/as da aula. Parabéns Javi e Paula 🙂

5. Recibimos a visita máxica de Papa Noel e dos Reis Magos. Xa vos imaxinades a mestura de emocións! Que momentos tan especiais 🙂

6. Asistimos a todo un simulacro de fin de ano e recibimos así de elegantes o 2014!

Vaia mes o de decembro, non vos parece? hihihi. Agora, como sabedes, estamos a traballar o inverno. Xa temos feitas moitas cousiñas pero ímosvolo contar noutra ocasión hihihi. Un bico grande. Vémonos pronto!

14 comments on Ano novo …

  1. Vaia mes máis intenso e especial! xa se ve que o pasaron xenial…atrás quedou xa O Burrito Sabanero que nos acompañou todo o Nadal (e aínda volve de cando en vez…tuki, tuki, tuki…jejej). Gracias polo voso traballo e por facelos tan felices e por compartirlo por aquí cos papás!
    Bicos e que este ano veña tamén cheíño de boas experiencias!

  2. Due to the body not being habitual to this medication, one may experience certain side effects listed below buying generic cialis online safe Inoltre, il prezzo accessibile applicato nelle farmacie ai medicinali equivalenti del Viagra ufficialmente brevettato, consente di accedere alle cure sistematiche con il Sildenafil persino ai pazienti con un reddito alquanto modesto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará