Leo, Raúl e Claudia xa cumpriron 2 aniños, que bombeiros máis maiores!! Os protagonistas estaban encantados coas súas coronas e a tarta de aniversario. Parabéns bombeiros!!
Mes: Xaneiro 2014
Chegou o inverno poñemos luvas e bufandas!!
Hai menos dun mes que comezou o inverno pero xa aprendemos moitas cousas sobre esta estación tan fría. A primeira noticia que tivemos do inverno foi a través da nosa caixa máxica que apareceu con moitos gorros, bufandas e luvas para estar moi abrigadiños. Tamén falamos da neve, para que neve ten que facer moitísimo […]
Ano novo …
Ola familias! Estades a punto de ler a primeira entrada do ano e, como xa hai algún tempo que non nos pasamos por aquí, ven cargadiña de actividades. Así é como rematamos os/as veterinarios/as o ano 2013: 1. Todas as mañás démonos a benvida coas tradicionais panxoliñas. 2. Elaboramos unha postal e levámola á exposición […]
O inverno xa está aquí
Coa chegada do inverno nótase o frío na aula dos chefs, por iso a caixa máxica veu cargadiña de roupa de abrigo, estivos probando bufandas, gorros, guantes… Tamén fixemos un fermoso mural do inverno, mirade
O inverno chega a clase dos pasteleiros
O inverno chegou a nosa escola por iso nos tivemos que abrigar moito moito, para non pasar frío, con bufandas, gorros e luvas. Ademáis como a nosa vila non estaba nada invernal pintamos un boneco de neve e unhas montañas nevadas que nos quedaron moi bonitas. Por último fixemos copos de neve para poñer no […]
Parabéns Brais
Esta semana cumpriu anos o maior da clase, Brais, xa ten 3 aniños!!! Moitas felicidades chef :)))
leo cumpre un aniño!!!
Na froitaría xa festexamos con gran ledicia e agarimo o primeiro aniversario de un dos seus froiterios. Trátase do amigo Leo que xa cumpriu un aniño. Parabéns Leo!!!!!
Os pasteleiros despiden o ano
Como non podía ser doutra maneira quixemos despedir o ano como se fai en tódalas casas. Por iso puxemos o noso mellor traxe para esta ocasión tan única. Como xa tábamos guapísimos/as para a despedida colocámonos rápido no chan para non perdernos as doce badaladas. Con cada badalada íbamos tomando un cachiño de galleta ainda […]
Festa rachada na aula dos bombeiros
Os bombeiros/as rematamos o ano cunha gran festa!! Para iso todos/as viñemos ao cole coas nosas mellores galas, que guapísimos estabamos!! Como en toda gran festa de fin de ano non faltaron nin a música nin as badaladas, pero para que foran máis especiais cambiamos as uvas por trociños de galletas, estaban boísimas!! O ano […]
Comentarios recentes