Ule a castañas :)

Ola familias! Como sabedes esta quincena o magosto tívonos moi ocupados/as, pois foi o principal protagonista. Gustounos moito realizar as tarefas previas para a preparación da festa, aínda que o mellor foi asistir ao magosto con todos/as os/as amiguiños/as da escola 🙂 Alí cantamos, bailamos e tivemos a visita da castañeira hihihi, que trouxo castañas para manipular, ulir, pelar, comer…

Ademais continuamos co proxecto do museo 🙂 Picassa volveu aparecer pola aula, ensinounos novos cadros e puxémonos mans á obra para elaborar unha réplica. Mirade!

Finalmente tivemos dous novos aniversarios, o de Juan e o de Alba 🙂 Parabéns pequechos/as! Estamos encantadas de compartir convosco momentos tan especiais. Vémonos pronto. Un bico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *