Ola familias 🙂 Como sabedes, esta quincena estivo protagonizada polo SamaÃn: recibimos a caixa máxica das cabazas, decoramos unha delas, levámola á exposición do cole, pasámolo pipa manipulando as demais, pintamos morcegos, gozamos da curtametraxe “Corre, corre, cabaciña”… Tiñades que ver a festa que montamos hihihi.
Ademais, unha das profes de pasteleiros/as visitounos co contacontos “Un bicho moi extraño”. Pero non pensedes que foi a única visita hihihi, pois a familia de Nansy pasouse pola aula para contarnos que xa son catro. Noraboa 🙂 Maikel é un bebé precioso!
Outro dos proxectos que nos ten ensimesmados/as é a maleta viaxeira. Xa está na casa de Vera e esperamos que gocedes dela tanto coma nós.
Por último, compartimos dúas fotografÃas moi especiais: os aniversarios de MencÃa e de Aarón 🙂 Parabéns pequechos/as! Un bico grande! Vémonos pronto!
Comentarios recentes