Os elefantes camiñan por papel burbulla

Érase unha vez unha elefanta que camiñaba por papel burbulla e como vía que non se caía foi chamando a máis amiguiños/as elefantes.

Así fomos notando as pequenas burbullas nos nosos pés.

4 comments on Os elefantes camiñan por papel burbulla

  1. Un dos últimos libros que lle mercamos a Nuno é María Fumaça, aquí vos deixo o enlace, ten cancións moi lindas. http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0011250003&orde=numero
    A Nuno gústalle moito unha que é unha canción popular do Brasil, e que di así:
    FUN AO MERCADO

    Fun ao mercado
    comprar café;
    veu a formiguiña
    e picoume no pé.
    Eu sacudín, sacudín,
    sacudín;
    mais a formiguiña
    non paraba de subir.

    Fun ao mercado
    comprar champú;
    veu a formiguiña
    e picoume no cu.
    Eu sacudín…

    Fun ao mercado
    comprar azafrán;
    veu a formiguiña
    e picou na miña man.
    Eu sacudín….

    Fun ao mercado
    comprar lentellas;
    veu a formiguiña
    e picoume nas orellas.
    Eu sacudín…

    Fun ao mercado
    comprar regaliz;
    veu a formiguiña
    e picou no meu nariz.
    Eu sacudín…

  2. Por certo que tamén temos o libro de A que sabe a lúa? e a pesar dos intentos de Nuno por nos cantar as cancións dos animales, non nos enteramos!!!!!
    Eu creo que as profes deberían axudarnos con esas cancións para poder cantalas na casa.

  3. Cristina, moitas grazas pola recomendación do libro e pola canción, teremos que aprendela.

    As profes xa temos algunha idea para que as familias poidan aprender todas as cancións que cantamos no cole, xa vos iremos contando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *