Novembro en 2-3C

Triángulo Pikler e balancíns

Neste mes queremos achegarvos un xoguete basado na liberdade de movemento que é o triángulo Pikler, a través deste método, as crianzas ademais de divertirse, adquiren certas destrezas no movemento, desenvolven o seu sistema motor, afianzan o equilibrio, a agudeza e os reflexos. O triángulo Pikler é un xoguete que aporta grandes beneficios e promove a autonomía, independencia, a consecución de retos, etc. Ademais, para esta sesión ofrecimos ás crianzas balancíns, sobre os que se subían descalzos para gañar equilibrio e favorecer o control postural. Con este tipo de propostas traballamos ademais a coordinación e a motricidade grosa. Mirade como nos esforzamos por afianzar os nosos logros…

Masa de sal

Aquí vos deixamos unha receta fácil para preparar en familia e que vos fará pasar un día estupendo experimentando cos seguintes ingredientes: fariña, sal, auga e un pouco de aceite. Coa mezcla, conseguimos unha masa uniforme e maleable que permite amasar, facer boliñas, churros, cortar, aplastar, trasvasar, modelar…e tinguila con diferentes colorantes para crear todo aquilo que imaxinemos.

Neste caso, acompañamos a sal con diferentes utensilios de cociña que ademais permiten o xogo simbólico. Aquí nos tendes cociñando cousas ricas…

Pan raiado

Para esta actividade ofrecimos aos nosos pequechos pan raiado presentado en bandexas con culleres e recipientes de madeira de distintos tamaños e formas. Con esta proposta poden traballar a coordinación óculo-manual, as cantidades, o peso, a precisión…ademais de experimentar e aprender a través dos sentidos.

Novembro 2-3A

Ola familias, como víchedes nas anteriores publicacións, este mes estivo dedicado ao conto dos tres porquiños.  É un conto que permite empregar moitos materias diferentes para facer propostas cas crianzas. Un dos materiais que escollimos para traballar, foron os cantos rodados creando unha instalación que simulaba a casa dun dos porquiños! Con esta proposta lograron apilar, facer camiños, coñecer as propiedades das pedras a través da exploración cos distintos sentidos, seriar, clasificar por formas, cores e tamaños, traballar a coordinación, o equilibrio e sobre todo a imaxinación dos nosos pequenos.

Aquí vos deixamos unhas imaxes que amosan a actividade:

Papel film e pintura

Aquí vos ensinamos o noso lado máis creativo!! Para esta actividade envolvimos papel film ao redor das patas das mesas da aula e ofrecimos as crianzas pintura de dedos, pinceis, esponxas…Xa podedes adiviñar que a diversión estivo asegurada!!

Coñecimos distintas formas de crear, as cores e as mezclas das mesmas e a través da experimentación continuamos desenvolvendo os nosos sentidos para coñecer da maneira máis atractiva o mundo que nos rodea.

Que nunca falte color nos nosos días de escola!

Vémonos o mes que ven! Unha aperta para todos e todas!!

Novembro en 2-3 B

Ola a todos e todas! 

Este mes ademais de traballar o outono e todo o que esta estación conleva, tamén coñecimos aos tres porquiños. 

Puxémonos mans a obra fabricando as súas casas con diferentes materiais: palla, madeira e pedra foron os elementos claves nestas propostas: 

Empezamos a enfrentarnos a retos como na actividade con oveiras, elementos de outono e pinzas, superándonos a través da experimentación manipulativa. 

Coas madeiras na instalación, fomentamos a lóxico-matemática, facendo medicións de peso, tamaño, series e conteo. 

Adquirimos hábitos de hixiene lavando aos porquiños e xa de paso, puxemos en marcha os sentidos do olfacto, o tacto, a vista e ata un pouco o gusto! 

Estamos desexando ver qué nos trae decembro… 

Ata a próxima! 

Novembro en 1-2 B

Este mes estivo adicado ao conto “Os tres porquiños” e a verdade e que nos deu moito que traballar, pois fixemos varias sesións de experimentación con  distintos materiais cós que facer as casiñas dos porquiños,  como palla, madeira e pedras.

Ademais tratando o tema dos porquiños tamén nos lembramos do conto “La Cerdita Clea”  e estivemos moi entretidos cunha actividade sensorial a base de maicena e cacao para simular o barro e xogar cos porquiños.

O mes de Outubro na aula 0-1A: O Camaleón

Comezamos este mes recibindo a dúas novas compañeiras e dous novos compañeiros. Sentímonos moi a gusto con eles e elas. A súa adaptación foi moi doada.

Os máis maiores xa conseguimos acadar posturas que nos permiten desfrutar dun novo xogo: O cesto dos tesouros co que nos entretemos un bo rato quitando todo o que hai nel, percibindo diversas texturas e formas que normalmente non atopamos nos xoguetes convencionais. Manipulamos obxectos cotiáns coma culleres de metal, de madeira, bobinas de fío, cunchas, algunha pedra, etc

Como podedes ver na imaxe, en Samaín nos tamén nos disfrazamos.

O mes de Outubro na aula 1-2 A: O León Remolón.

Boaaaaaaaaaas!

Chegou Outubro, e con el entramos no Outono de cheo. Caen as folliñas das arbores, toca debullalo millo, desfrutar de froitas e froitos desta estación, e abrigarse do frío.

Este tren, pouco a pouco, vai collendo ritmo e xa podemos comezar a propoñer actividades e xogos para case todo o grupo, pois temos algunhas crianzas moi novas ás que a media mañá precisan aletargarse un pouco e meterse no niño.

A estes seres anxelicais o Samaín converteunos en pequenas criaturas que nos meten no corpo o medo, mentres na escola as basoiras voaban e as bruxas rían en silencio.

Fixemos cousas varias, e para variar algunhas non fixemos, Deixámosvos probas de algunhas, e vos se queredes ….olládenos.

 

 

 

 

 

O Samaín

Ola familias e amigos!

Facemos esta entrada no blogue para agradecervos a participación na nosa festa do Samaín. Gracias a vos, puxemos a escola preciosa chea de vasoiras orixinais, auténticas e feitas con moito cariño!! Foi unha iniciativa que tivo moito éxito e queremos compartir unhas imaxes dese día para que vexades o guapos e guapas que estábamos e o ben que o pasamos!!

Vémonos prontiño… bicos e apertas!!

Outubro en 2-3A

Ola familias! 

A chegada do outono ofrece infinidade de propostas para facer cos nosos pequenos e pequenas. Nesta estación traballamos as cores típicas: marrón, amarela…

Aquí vos ensinamos unha das actividades que máis nos gustou e coa que estivemos máis entretidos:

Botellas sensoriais

Creamos botellas con elementos típicos do outono como millo, paíños de madeira, castañas, noces, bellotes, etc. Cada crianza fixo a súa propia botella traballando así a coordinación óculo-manual, a motricidade fina e os sentidos entre outras cousas.

Estampación coas mans

Outra das propostas que tamén gustou moito foi facer estampación coas mans para facer follas de outono. Para esta proposta utilizamos papel continuo e pintura de dedos de cor marrón. Coa axuda das educadoras fomos estampando unha das súas mans no papel continuo para facer as follas dos árbores, Unha vez que a pintura está  seca, recortamos a silueta das mans e decoramos a aula simulando que son follas. Aquí vos deixamos unha mostra das pequenas obras de arte que fixeron as nosas crianzas.

Para rematar esta entrada…un pouco de color!! Ata a próxima!! 

El carnaval de los animales en Outubro

Ola familias!!

Durante este mes na nosa aula estivemos a traballar no tema do outono, que gracias as vosas aportación, puidemos experimentar con elementos propios desta época do ano. Deste xeito realizamos actividades como debullar millo, facer varias instalacións e sesións de xogo heurístico cos materiais recopilados….tamén seguimos facendo actividades sensoriais con papeis, desenvolvemos a nosa creatividade con pintura de dedos, experimentación coa mesa de luz, entre outras.

Deixamos un pequeno resumo en imaxes:

O mes de outubro en 2-3C

Ola a tod@s de novo!

Pasamos polo blogue para seguir contando novas…e para poñervos o día coas cousiñas que imos facendo ao longo do mes!! Non podemos ensinar todo porque non nos chegaría o espazo así que eliximos unha selección que esperamos vos guste! 

Por aquí estamos facendo algunha sesión de psicomotricidade

Tamén dedicamos tempo a experimentar e disfrutar dos elementos naturais que nos ofrece o outono para preparar actividades moi chulas!! Fixemos degustación e manipulación de froitos, preparamos instalacións, desgranamos millo…

E como novidade, xa abrimos a biblioteca da escola para que todas as crianzas podan levar os contos á casa e os disfruten coa familia. Fomos de excursión a visitala e a ver os contos novos que incorporamos!:)