Boas familias, por aquí andamos de novo para contarvos algunhas das cousas nas que andamos argallando. 😄
Nestes días, na aula de 2-3, andan traballando a cor branca e elementos propios do inverno como a neve e o xeo.
Para comezar, estiveron facendo transvases con tres elementos de cor branca: arroz, azucre e sal. Por suposto, non faltou quen probara…vese que o azucre tivo máis éxito que o sal 😉

E xa que a neve parece non andar moi pretiño de aquí, argallaron unha maneira de ir sen moverse da aula: co recheo dos cueiros. Primeiro estiveron manipulándoo e estaba fresquiño como se fose neve de verdade, e, despois, ó ir ó chan, fixeron patinaxe sobre xeo! 😅

Se hai algo que pasa moitas veces en inverno, e que vemos os coches e todo conxelado… e na aula de 2-3 apareceron unhas placas de xeo moi grandes, que tiveron que empregar martelos de madeira para poder rompelas… e inda así algún cachiño quedou enteiro

Tamén aproveitaron o aniversario dunha amiga da clase para facer unha instalación invernal con caixas de poriespán e tiras de papel branco e, xa sabedes o que da de si unha caixa…: para meterse dentro, subirse enriba, mesmo poñelas de colar aproveitando que se lles fixo un burato😅


Como vedes, na aula de 2-3 estiveron moi atarefados!😄