
A Fundación Barrié de la Maza ven de iniciar unha nova contribución ao servizo da comunidade educativa, EducaBarrié, que desenvolven proxectos en tres áreas de actuación: Educación e Investigación, Patrimonio e Cultura e Servizos Sociais.
Dentro desta iniciativa, temos a oportunidade de asistir á conferencia a cargo de José Antonio Marina, filósofo e autor de A educación do talento e O cerebro infantil: a gran oportunidade.
José Antonio Marina dirixiu as súas investigacións ao estudo da intelixencia e do pensamento, en especial aos mecanismos da creatividade artística, científica, tecnolóxica e económica.
É fundamental a súa achega ao ámbito da educación en España, colaborando habitualmente co Goberno central en programas de mellora da mesma e como asesor.
Comentarios recentes