Arquivos mensuais: Marzo 2020

BENVIDA

Ola a todas e a todos

Queremos trasladarvos a nosa benvida a toda a comunidade educativa neste tempiño que está a ser de certa complexidade colectiva, pero que co intercambio e axuda conxunta imos saír cara adiante de xeito moi positivo e reforzado.

Non podemos iniciar esta entrada no blogue sen darvos as grazas ás familias e ao persoal das escolas infantís por toda a vosa implicación e participación activa no día a día, que permite a construción dunha escola pensada para e por as nenas e nenos. De igual xeito, non podemos esquecernos tampouco das persoas que están desenvolvendo actualmente unha labor imprescindible para que todas e todos esteamos atendidas axeitadamente garantindo ás nosas necesidades principais.

O noso obxectivo é acompañarvos neste período facendo achegas de pequenos recursos, ideas, experiencias, reflexións, … que vos axuden a levar mellor este tempo na casa cos vosos pequenos e pequenas e coas vosas familias, favorecendo o enriquecemento das relacións familiares e gozando da aprendizaxe conxunta.

As distintas entradas e artigos irán dirixidas ás nenas e aos nenos, ás familias, así como ao conxunto do persoal das escolas a través de tres categorías diferentes:

  1. Recursos para as nenas e os nenos
  2. Acompañamento ás familias
  3. Compartindo estratexias cos equipos

Moitísimas grazas e moito ánimo e saúde. Seguimos tecendo fíos, facendo escola.