Arquivo da categoría: ACOMPAÑANDO ÁS FAMILIAS

As aventuras de Luli

 

Un grupo de alumnos/as do Grao de Mestre/a de  Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela está levando a cabo un proxecto titulado ” AS AVENTURAS DE LULI” dirixido aos nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Os obxectivos plantexados para este proxecto son recuperar a actividade física que se foi perdendo a  causa da pandemia e dar a coñecer lugares da contorna próxima.

As novas tecnoloxías están a a ter un gran peso no ocio dos nenos e nenas, con este proxecto quéreselle dar un xiro ao uso que se fai das mesmas e sacarlles un bo e san proveito. Con esta iniciativa quérese promover que os máis pequenos podan desenvolverse en aspectos relacionados coa expresión e a comunicación corporal, a motricidade infantil así como propiciar que saian ao exterior e recuperen a actividade física

” As aventuras de Luli “conforman unha serie de 14 vídeos nas que os nenos/as deberán axudar á que a mascota Luli supere as probas que se propoñen en cada localización dun mapa máxico. Desta forma lograrán unha chapa ou insignea en cada lugar no que superen o reto, alcalzando, finalmente, a ser os/as  mellores  Scouts xunto a Luli. Serán as propias familias, as que a partir dun modelo presentado nas redes sociais podan elaborar as súas propias chapas ou insignias. Os vídeos iranse subindo semanalmente aos perfiles do proxecto  en Instagram, Facebook e YouTube.

 Animávosvos a participar !!!

Que lle trasladamos as familias que levan por primeira vez ás súas fillas e fillos á escola infantil??

Dende a escola infantil de Vigo Valadares achegannos unha reflexión sobre a acollida dos nenos e nenas á escolas infantís.

Os inicios de curso están cheos de interrogantes por parte duns e doutros:

  • como será esa familia?
  • como responderán as miñas nenas e nenos?
  • estará ben a miña filla na escola?
  • será amable e atenta a súa educadora?

Sempre damos moita información de como deben actuar as familias, que deben facer para colaborar, e entre tantos datos de horarios, material que deben achegar, normas de convivencia,… pódesenos esquecer, o realmente importante. Con isto referímonos a que entendan o proceso polo que pasarán as súas fillas e fillos, que poidan ter ferramentas para xestionar a situación,e que teñan en nós o apoio necesario para vivir o momento con seguridade e confianza.

A seguinte información extraída dun artigo de Romina Pérez Toldi da súa web: Teta-à-Porter recolle ideas chave destinadas ás familias, agardamos que vos sexan de axuda nas vosas reflexións previas ao inicio de curso:

Acompañar a adaptación escolar (familiarización, vinculación, entrada, transición) non é sinxelo, é un proceso que require dunha presencia consciente, comprensión, sostén e, se é posible, gradualidade.

Algunhas cuestións que consideramos importantes que coñezades para que vos sintades seguras e comprendades as necesidades das vosas fillas e fillos son as seguintes:

  • Anticipar todos os días que sucederá ao día seguinte na escola e que sexa verdade, é importante ser honestos, non mentir nin enganar nin chantaxear (p.e.: se non choras dareiche gusanitos cando veña por ti).

  • Falar en positivo da escola, sen esaxerar, con realismo. Por exemplo: na escola vante coidar, vas poder xogar e explorar, poderás coñecer outros nenos e nenas cos que xogar,…

  • Despedirse ao marchar e saudar ao volver, o contrario xera moita angustia e sensación de inseguridade. Se vos despides deles poden facer o duelo con máis facilidade. Non mentir, non enganar, non despistar (p.e: veño agora e que non sexa certo).

  • Darlles unha referencia comprensible de cando ides volver (antes de comer, despois de merendar…).

  • Non deixalos a comer os primeiros días (e semanas se se fai necesario), o momento da comida como o da sesta son situacións íntimas que requiren de gran confianza co adulto, volvemos á idea de gradualidade.

  • Acoller as súas emocións e sentimentos así como nomealas.

  • Os adultos que acompañades na aula debedes estar en presenza plena (sen móbiles nin conversando todo o tempo con outras familias).

  • Entender que non é obrigatorio que lles guste vir á escola, teñen dereito a que non lles guste e que prefiran quedarse na casa ou nun ambiente familiar.

  • Comprender que as primeiras semanas a demanda de atención pode ser máis intensa e que como adultos é a vosa responsabilidade atendelos e sostelos (p.e: máis demandantes de colos, máis irritados ou cansos,…).

  • Conversar sobre como se senten e como estiveron, que fixeron, que lles gusta e que nos lles gusta, se senten coidados…

  • Entender que ir á escola sempre supón un esforzo por parte do neno e nena, sempre.

  • Hai nenas e nenos que van chorar durante moito tempo no momento da despedida e iso non implica que se sentan abandonados ou non establecesen un vínculo seguro coa educadora. É importante distinguir entre, polo menos, dúas formas de pranto:

  • o pranto da nena e neno que preferiría irse coa súa nai/pai/adulto de referencia e o expresa chorando pero que atopa consolo nos referentes da escola e é capaz de xestionar a situación de forma positiva grazas a este vínculo seguro.

  • o pranto do infante que chora completamente abatido, sentíndose abandonado e sen posibilidade de refuxio nin consolo (este é o pranto que non debería suceder nunca e esforzámonos para quen non ocorra).

  • O proceso de adaptación require un esforzo por parte de todos os adultos acompañantes. Hai que investir tempo, presenza e paciencia.

  • Por último, comprender que non é un proceso lineal e seguramente van ter momentos nos que parecerá que vai ben e outros nos que estarán máis enfadados ou sen ganas de vir á escola, así que deberiamos poder adaptarnos a estes distintos momentos do proceso e reaxustar a gradualidade entendendo que non é «dar marcha atrás» senón unha forma de apoiar o proceso.

    As nenas e nenos non son observadores pasivos, comprenden e senten moitos máis do que parece. Por iso, debemos entender a entrada á escola infantil como unha etapa necesaria para que poidan vincularse a novos adultos, e o vínculo require tempo.

Fonte: https://tetaaporter.com/2019/09/12/acompanar-el-proceso-de-adaptacion-escolar-desde-la-familia-2/

O desenvolvemento da linguaxe

Información sobre o desenvolvemento da linguaxe nos bebeś que nos aporta a Escola Infantil de Foz.

“A linguaxe é a expresión dun acordo entre un grupo de homes e só o poden  comprender aqueles que conviñeron en representar determinadas ideas mediante determinados sons”. Montessori, M.  (2016): Educación  para un mundo novo. Pontevedra: Kalandraka.

Chámase desenvolvemento da linguaxe (ou adquisición da lingua materna) ao proceso cognitivo polo cal os seres humanos, facendo uso da súa competencia lingüística innata, aprenden a comunicarse verbalmente usando a lingua natural usada na súa contorna social ao momento do seu nacemento e durante a súa infancia ata a puberdade.

Os seres humanos temos diferentes maneiras de comunicarnos a través de distintos tipos de linguaxe: corporal, verbal, escrito, musical, matemático e plástico (escultura, pintura). Na maioría de seres humanos isto dáse principalmente durante o primeiros cinco anos, especialmente no que se refire á adquisición das formas lingüísticas e dos contidos. Durante estes primeiros anos ten lugar a maior velocidade de aprendizaxe e adquírense os elementos básicos e os seus significados e ata antes da adolescencia consolídase o uso, a interferencia pragmática, a capacidade para entender enunciados non literais ( irónicos, sarcásticos, etc.).

Os primeiros anos constitúen o período fundamental, aínda que o desenvolvemento da linguaxe prolóngase moito máis alá dos primeiros anos. O recentemente nado recoñece a voz da súa nai. Durante os nove meses de embarazo, desenvolveu os sentidos dentro do útero e isto facilitaralle a adaptación ao mundo extrauterino. A primeira linguaxe ou forma de comunicación que ten o bebe é o pranto. Os bebés nacen coa facultade do pranto e está será a súa forma de comunicarse durante un tempo. Polo xeral, os prantos dun bebé indican que algo vai mal: estómago baleiro, un cueiro mollado ou sucio, pés fríos, cansazo, necesidade de de que o collan en brazos e o abracen, etc. Aos poucos a nai será capaz de recoñecer que necesidade está a expresar o seu bebé nese momento, saberá distinguir se o pranto é de sono, fame…e reaccionará.

Hai estudos onde se distinguen estes tipos de prantos e dependendo do ton, duración…diferencian unha ou outra reclamación por parte do bebé. O bebé tamén pode chorar cando  se sente angustiado por todas as imaxes e sons do mundo que lle rodea, ou sen ningún motivo aparente. O pranto é a principal forma que teñen os bebés de comunicarse, pero tamén poden utilizar formas de comunicación máis sutís. Aprender a recoñecelas é gratificante e pode reforzar o vínculo co pequeno.

Os estudos lingüísticos revelan que a linguaxe está sobre todo ligado ao oído, do mesmo xeito que o movemento está vinculado á vista. (Montessori, 2016). A medida que o neno vai crecendo e madurando vanse desenvolvendo os sentidos. Cando nace o bebé, é fundamental estimular a súa fala e a súa linguaxe para establecer un vínculo afectivo cos seus pais, coa xente e a contorna. Por medio da comunicación coñécense as necesidades, o comportamento e as sensacións do bebé; ademais, obsérvanse as súas respostas. Ás primeiras etapas da comunicación denomínaselles diálogo tónico. De aí a importancia de non sacudir ao bebé con brusquidade senón, ao contrario, tratalo con dozura, respectarlle o seu tempo de amamantamento, de vixilia e de sono.

A comunicación comeza cando se buscan as súas miradas, a súa atención cara a cara, a xesticulación facial e a descrición de cada acción para que o bebé recoñeza a voz, a compañía e así desenvolva e reforce o balbuceo e a intención comunicativa. Os pais aprenden a comunicarse con el, tocándoo, falándolle e mirándoo. Facer isto é tan importante como alimentalo e acariñalo. Un bebé recentemente nado está afeito escoitar a voz da súa nai, os seus latexados cardíacos e a voz do seu pai. Por iso é recomendable non só falarlle, senón tamén que goce a música que oía cando estaba no ventre materno. O bebé tranquilízase coas voces coñecidas no seu novo mundo, ademais aprende a asociar a linguaxe como medio de comunicación co feedback auditivo (retroalimentación e resposta).

Todos os membros da familia, en especial os país e nais, deben facelo cun ton suave e claro. Utilizando palabras sinxelas, evitando o uso de diminutivos e, por suposto, respectando os seus horarios de soño. Para estimular o desenvolvemento da linguaxe do bebé hai que cantarlle, bailarlle, masaxealo, consentilo, acariñalo, xa que o contacto táctil é fundamental para o recentemente nado. As familias deben expresarlle os sentimentos que lles produce, explicarlle que pasa mentres o bañan, o cambian  e ao dicirlle como cambiou as súas vidas. Facelo crea un lazo forte coa nai, o pai e o seu coidador habitual. Ademais, facilita o contacto visual, o seguimento da voz e procura do adulto. É clave aproveitar oportunidades de “conversación” en situacións cotiás como o cambio de cueiro, a alimentación e o baño para describir o que fai e os obxectos que usa como esponxa e xabón.

Nos primeiros meses, os bebés móstranse interesados nos xogos de imitación. Por iso, é conveniente balbucear e facer expresións e ruídos esaxerados para que eles tenten imitalos. Os abrazos fortes, os sorrisos constantes e o fala provocan a imitación de sons no bebé, isto fai que os pais obteñan maiores respostas de comunicación e prodúcese o “diálogo”, é dicir, unha linguaxe que permite coñecer ao bebé, atender as súas demandas e suplir as súas necesidades. Os pais/nais deben estimular o balbuceo do bebé e incitalo a que repita. Falarlle ao bebé desenvolve as súas habilidades “conversacionais” grazas a que se establecen conexións neuronais (a forma como se asocian as neuronas no cerebro) que facilitan a discriminación dos sons. O bebé debe ser estimulado diariamente.

A fala, a linguaxe, os xogos visuais, auditivos e táctiles fortalecen o vínculo afectivo coa contorna. Cando falamos cun neno, sexa cal sexa a súa idade, debemos de facelo de forma clara, xa que, o neno tende a repetir e imitar e é a forma de que o aprenda axetadamente. Unha cousa que hai que lembrar é que nunca é demasiado pronto para estimular a linguaxe dos nenos.

A pediatra en desenvolvemento infantil, Aura Sofía Ricor recomenda as seguintes actividades para estimular o fala:

– Falar, cantar, contar historias e ler contos. Comentarlle o que ocorre ao redor; por exemplo: “mira o coello, está a comer pasto”, aínda que o bebé non poida contestar, empeza a recoñecer palabras.

– Sexa bo amigo de conversación. Recoñeza cando o bebé quere xogar e “falar” con vostede ou, ao contrario, prefire descansar.

– “Fale” con el actuando coma se entendéselle o seu balbuceo. – Repita todos os seus sons. – Esaxere a vocalización e entoación para chamar a atención do bebé (Prosodia)

A fonoaudióloga Paula Galeano, da Universidade María Cano, recomenda os seguintes exercicios:

– Realizar exercicios motores que inciten ao xogo, ao movemento de bo grado, esaxerando movementos da cara co fin de exercitar os músculos do fala.

– Practicar exercicios de atención onde se faga contacto visual co bebé.

– Desenvolver actividades con música, cantos, ler textos, utilizar gráficas de bebé (láminas branco, negro, vermello) que fortalezan a parte visual, auditiva, de coordinación e desprazamento.

– Falarlle diariamente do que ocorre e anticiparlle os eventos.

– Ensinarlle xogos que o inicien na produción de respostas e do fala como xogos de imitación e vocalización, con cambios no ton de voz.

– Estimular a expresión con xogos visuais e de discriminación auditiva.

– Recoméndase utilizar instrumentos ou elementos sonoros, que colguen, que se movan, de cores, tamaños e texturas diferentes.

A medida que crecen, os bebés comezan a distinguir os sons da fala que compoñen as palabras da súa linguaxe. Aos 6 meses de idade, a maioría dos bebés recoñecen os sons básicos da súa lingua materna. Non todos os nenos/as desenvolven as habilidades da fala e a linguaxe da mesma maneira. Con todo, todos os nenos seguen unha progresión natural ou unha serie de etapas para dominar as habilidades da linguaxe.

A linguaxe do bebe pódese dividir en etapas. Estas etapas axudan aos médicos e a outros profesionais da saúde para determinar se o neno está a seguir o desenvolvemento normal ou se necesita axuda. Ás veces, os nenos demoran en alcanzar estas etapas debido a que teñen perda da audición, e noutros casos debido a algún trastorno do fala ou da linguaxe. Pódense distinguir dúas etapas: – Lingüísticas – Prelingüística

Características da linguaxe infantil: A medida que os nenos/ as van adquirindo o seu código lingüístico, van poñendo de manifesto na súa linguaxe as mesmas características que son propias da linguaxe adulto. Aínda así hai características propias da linguaxe infantil, que o identifican dunha maneira especial e que progresivamente van perdendo relevancia a medida que linguaxe infantil deixa de selo, entre estas características podemos sinalar:

– Dependencia de estruturas. Desde as primeiras adquisicións da linguaxe, esta obedece a unha estrutura, e no seu desenvolvemento posterior vai seguir a mesma estrutura que é propia de cada lingua. Por iso, en determinado momento do desenvolvemento da linguaxe, o neno/para pode utilizar uns determinados elementos da linguaxe, debido a que a súa capacidade non lle permite incorporalo aínda, ou ben porque a súa análise das regras da linguaxe aínda non se adapta correctamente a todas as situacións. Pero moi pronto aprende que para ser comprendido/a é necesario falar de maneira que realmente se lle entenda. Nesta asimilación de estruturas lingüísticas adultas sempre conta coas correccións das persoas adultas e doutros nenos/ as.

Creatividade. A riqueza expresiva dos nenos/as no uso da linguaxe pode producir efectos creativos. A definición dos obxectos e situacións que fan que os nenos/ as non se axusten a unha definición obxectiva, senón á súa experiencia persoal está en relación coa visión do mundo propia destas idades, coa súa capacidade de observación, coas súas propias experiencias ou coas súas fantasías. Por este motivo non teñen un gran realismo e por iso algunhas veces prodúcense estes efectos creativos. Pero para que un neno ou unha nena sexa creativo coa linguaxe, é preciso que primeiro dispoña dun certo dominio e dunha determinada competencia.

Liberdade de uso. Os nenos/ as fan un uso libre da linguaxe como instrumento de expresión, empregándoo, desde a espontaneidade e a naturalidade propia da súa idade. Non viven da mesma maneira os convencionalismos sociais referidos á linguaxe. Utilizan a linguaxe para unhas funcións ligadas ás súas necesidades de relación persoal e social. Así, pensan en voz alta para poder ordenar o seu mundo, confirmar os seus descubrimentos, aprenderá relacionarse e xogar.

Egocentrismo: para os nenos/ as, no seu desenvolvemento normal, o feito de falar supón o recoñecemento da existencia do outro. En moitas ocasións falan porque o consideran importante para eles, porque queren acompañar, reforzar ou suplantar unha acción, e a linguaxe pode ser unha boa ferramenta para facelo. Ademais, aínda que sexa de forma imaxinaria, sempre contan coa posibilidade de ser escoitados. A linguaxe na infancia é egocéntrica. Cando falan, cada un di o que quere dicir, tenta facer prevalecer o seu punto de vista porque non son capaces de saírse do seu lugar para poñerse obxectivamente no lugar do outro /a. A pesar do egocentrismo, os nenos/ as aprenden desde moi pequenos a respectar as convencións sociais e comunicativas con outros iguais. A medida que van aprendendo o código lingüístico, o uso que fan da linguaxe vaise ampliando ata chegar a utilízalo coas mesmas finalidades coas que o utilizan as persoas adultas.

As dúas funcións máis importantes da linguaxe son:

  • Para comunicarse (función comunicativa).
  • Para representar as súas ideas, pensamentos, coñecementos, sentimentos (función representativa ou simbólica). Das moitas clasificacións das funcións ou categorías da linguaxe infantil, a maioría coincide en que a función básica desde que se empeza a adquirir a linguaxe aos 18 meses de idade aproximadamente ata conseguir un dominio importante do mesmo aos 6 anos é a de utilizalo para uns fin é claramente identificables polo interlocutor.

A linguaxe non é estática, séguese desenvolvendo e é unha axuda para comunicarnos con outras culturas. Foise enriquecendo a través das épocas, debido ás necesidades de cada época, desta maneira é que se engadiron palabras. As palabras sérvennos para crear abstraccións, para concretizar unha idea na mente sen ter o obxecto enfronte. A maior desenvolvemento da linguaxe, hai un maior desenvolvemento da persoa, se se ten unha linguaxe máis variada, máis clara, pódese expresar mellor o que pensamos, sentimos e imaxinamos. Coa linguaxe o ser humano ten unha maior posibilidade de desenvolverse física, intelectual, emocional e socialmente.

Bibliografía:

O movemento libre

Dende a escola infantil de Baiona acheganos unha reflexión sobre o movemento libre.

El desarrollo motor se produce de modo espontáneo, mediante su actividad autónoma, en función de la maduración orgánica y nerviosa” Emmi Pikler.

Cando aos cativos se lles da a oportunidade e o tempo que precisan, estes son quen de acadar cada unha das súas etapas motoras de xeito independente e sen intervención do adulto.
A cotío escoitamos comentarios onde se comparan os nenos e nenas e os seus logros. Parece que quixeramos contaxialos co ritmo frenético dos adultos e nos esqueceramos de que cada bebé ten o seu propio ritmo e tempos e que non existe ningunha fórmula máxica que se poda aplicar á aprendizaxe do ser humano.

A primeira posición na que está un neno é deitado boca arriba. Esta posición proporciónalle o soporte suficiente para moverse con seguridade e buscar outras posicións, así como para tamén coñecer o seu corpo e as posibilidades que este lle ofrece. Aos poucos, o bebé irá adoptando novas posicións de maneira natural e ao seu ritmo. Respectar eses ritmos implica que non debemos colocalos nunha posición que non tiveran acadado por si mesmos, o cal imposibilitaría que se puideran soster por eles mesmos, manter o equilibrio ou aliñar o seu corpo axeitadamente. Como tamén suporía inducir un sentimento de frustración por non poder volver a unha posición cómoda xa conquistada.

Un dos momentos máis emocionantes para os proxenitores e ver ao noso cativo dar os seus primeiros pasos, e ás veces isto conleva que esteamos ansiosos por ver como se incorporan, gatexan ou se manteñen en pé. Porén, non reparamos no feito de que actuar deste xeito non os beneficia en absoluto. O que si é recomendable e é, que confiemos nas capacidades do neno e da nena, e que descubramos e respectemos o seu ritmo e desenvolvemento, non sen descoidar o feito de que a súa contorna deberá ser segura e facilitarlle a liberdade de movementos.

Para favorecer a liberdade de movemento do bebé deberemos:

  • Crear un espazo amplo, seguro e adaptado as súas necesidades.
  • Roupa axeitada e cómoda que permita a liberdade de movementos.
  • Non se deben empregar zapatos.

O movemento libre no bebé favorece o desenvolvemento da súa creatividade e o despertar dos seus sentidos polo que o neno e a nena gañan confianza, seguridade e autonomía.
Un bebé que aprende de maneira autónoma e independente a adoptar unha determinada postura ou a emprender os seus primeiros pasos é un neno ou nena que descobre as súas propias capacidades e desenvolve as súas habilidades a través dun sistema de fracasos e logros.

No tocante aos beneficios físicos teríamos:

  • Consolidación de posturas intermedias (denominadas así aquelas que facilitan o cambio de posturas)
  • Movementos máis harmónicos (grazas ao afianzamento do equilibrio)
  • Preparación do corpo ante situación de riscos, etc.

Como beneficios cognitivos destacaríamos:
O desenvolvemento da creatividade, pois os pequenos empregan os seus recursos para chegar a distintos estadios motores, e doutras capacidades como a visión e a coordinación.

En cantos aos beneficios emocionais destacariamos a importancia de facer as cousas por un mesmo, cun consecuente desenvolvemento da autoestima, o autocoñecemento, a seguridade…

Os adultos debemos manter unha actitude paciente e de respecto, incentivando e favorecendo o desenvolvemento autónomo e o movemento libre no bebé.
Un bebé que se lle deixa no chan, que non se lle coloca en posturas que non sabe facer por si mesmo, que non se lle forza a probar novas posturas… pode moverse, pode xirarse, pode coller obxectos, cambiar de posición… Podeen definitiva construír a súa propia historia.

Bibliografía:

  • Emmi Pikler. Moverse en libertad. Editorial Narcea.
  • María Montessori. The Montessori Method. Editorial Wilder Publications.
  • Laura Estremera Bayood. Ser niños acompañados, crianza y escuela. Editorial: universo de letras.

Educación emocional

Dende a Escola infantil de As Neves, propóñennos de cara ao desenvolvemento da educación emocional a lectura do libro:

“EDUCACIÓN EMOCIONAL. Propuestas para educadores y familias” de Rafael Bisquerra (Coord.) Editorial Desclée de Brouwer

O tratamento das emocións como base do benestar integral de pequenos e pequenas, ten como obxectivo primordial o desenvolvemento das competencias emocionais e a sensación de estar ben para pode medrar con confianza e aproveitar o potencial de cada un e unha de nós temos.

Segundo as achegas que fai Bisquerra neste libro, o benestar é un dos obxectivos básicos da vida persoal e social, a felicidade moitas veces búscase por camiños equivocados, que poden conducir a comportamentos de risco, por iso a educación emocional debe iniciarse nos primeiros momentos da vida e debe estar presente ao longo de todo o ciclo vital.

 En todo este proceso educativo a implicación da familia é chave, xa que ten como obxectivo final conseguir un fogar caracterizado pola paz, a harmonía e a felicidade. Todo iso pódese alcanzar se os seus membros gozan de benestar persoal e se as súas relacións co resto de membros da familia son satisfactorias e positivas. Trátase de proporcionar e poñer en práctica no día a día, técnicas e recursos específicos, simples, prácticos e cotiáns para que as nais, pais e fillos poidan conseguir así vivir de maneira máis positiva.

Axudar ao desenvolvemento emocional dos fillos e fillas, significa preparalos para o presente e o futuro, implica axudarlles a desenvolver, entre outros: a conciencia emocional, a regulación das súas emocións (controlar as negativas e xerar emocións positivas), a autoestima emocional, o sentido da responsabilidade, a tolerancia á frustración, a aceptación dos límites e os fracasos, etc.

Bisquerra neste libro ofŕécenos propostas prácticas para a educación emocional na familia, agardamos que vos serva de axuda.

“La vida en familia supone nuestra primera escuela para el aprendizaje emocional: en tan íntimo caldero aprendemos qué sentimientos abrigar hacia nosotros mismos y cómo reaccionarán otros a tales sentimientos; cómo pensar acerca de esos sentimientos y qué elecciones tenemos a la hora de reaccionar; cómo interpretar y expresar esperanzas y temores. Esta escuela emocional funciona no sólo a través de lo que los padres dicen o hacen directamente a los niños, sino también en los modelos que ofrecen a la hora de manejar sus propios sentimientos y aquellos que tienen lugar entre marido y mujer” (Goleman, en el prólogo de Elias, Tobias y Friedlander, 1999).

 

 

A experimentación na escola infantil

Dende a escola infantil de O Pino achegamos unha breve reflexión sobre a importancia da experimentación no 0-3 e o aproveitamento de buscar e atopar elementos naturais que nos axuden a coñecer as propiedades dos obxectos sempre en compaña.

Nome: A experimentación en educación infantil
“Os nenos non precisan aprender a explorar, preguntar e manipular; nacen cun forte desexo de facelo.”
Brown, 1991,p.7
“Contáronmo e esquecino. Vino e entendino. Fíxeno e aprendino.” Con esta cita de Confucio (551-479 a.C.) recóllese o significado de aprendizaxe activa. Esta aprendizaxe baséase na experimentación como actividade que resulta emocionante e capta a atención de grandes e pequenos.
Mediante a experimentación nenos e nenas poden chegar a comprender os mecanismos que regulan o mundo que lles rodea, resultando perfecto para entender a realidade.
Detrás da experimentación temos unha aprendizaxe baseada en resolver un problema asegurándonos a participación das nosas crianzas de forma activa. Así identifican consecuencias e comprenden mecanismos que gobernan a súa realidade.
Está demostrado que gracias á experimentación os nenos e nenas desenvolven unha maior curiosidade polo descoñecido, forman parte activa da súa aprendizaxe mostrándose máis participativos e vense obrigados a reflexionar para chegar a conclusións correctas.
Dada a importancia da experimentación, a proposta que traemos nesta ocasión, vai dirixida á experimentación sobre os elementos da natureza e os conceptos de afundir e flotar.

Idade recomendada: todas as idades

Descrición:

A proposta de experimentación consiste en buscar durante o noso paseo diario diferentes elementos da natureza e recollelos para logo nunha bandexa ou recipiente con auga poida experimentar e ver o que ocorre cando somerxe os diferentes elementos.

Materiais: paus, follas de flores, pedras, cortizo, landras,…e unha bandexa ou recipiente con auga.

Obxectivos:

  • Mellorar a relación afectiva coa familia dado que se comparten máis momentos lúdicos e de diversión para ambos.
  • Experimentar libremente con obxectos da natureza e auga.
  • Reforzar os termos dentro- fora (da auga) e/ou afundir-flotar.
  • Axudar á sacar conclusión o que os nenos e nenas fan.


Rol do adulto: axuda na procura de elementos da natureza e facilitar un entorno libre de experimentación coa auga. Supervisar a actividade.

Hábitos e rutinas

A escola infantil de Zas fai unha reflexión sobre A importancia dos hábitos e rutinas para os nenos e nenas.

Os nenos/as precisan seguir unha rutina para sentirse seguros e tranquilos no seu ambiente, tanto na casa como na escola.

Os nenos/as non coñecen a orde das cousas cando nacen, polo que nós debemos acompañalos para organizar os tempos favorecendo horarios estables asociados ás rutinas. Os hábitos axudan a construír un equilibrio emocional que lles proporciona un mecanismo importante para a súa educación e para a construción da súa personalidade.

A repetición dos actos cotiás forman hábitos e a repetición dos hábitos forman virtudes, como ben nos sinala Vicenç Arnaiz, no vídeo que compartiu con nós neste blog.

Pero cabe preguntar en que se diferenza un hábito dunha rutina:

  • Entendemos por rutina, unha sucesión de actividades e tarefas que se fan sempre na mesma orde. Por exemplo, na escola, á asemblea a primeira hora da mañá.

“La rutina diaria es para los niños lo que las paredes son para una casa, les da fronteras y dimensión a la vida. Ningún niño se siente cómodo en una situación en la que no sabe que esperar. La rutina da una sensación de seguridad. La rutina establecida da un sentido de orden del cual nace la libertad” Rudolf Dreikurs célebre educador e psiquiatra austriaco.

  • Entendemos por hábitos, os modos de actuar que aprendemos ou adquirimos coa intención de satisfacer as nosas rutinas, a través deles, sentímonos máis seguros no modo de facer ante distintas situacións.

Os hábitos e as rutinas aportan un mecanismo moi importante de constancia e regularidade.

A aprendizaxe de hábitos mediante rutinas, axuda ao desenvolvemento afectivo e social do neno/a, así como tamén lle facilitará o aprendizaxe de diversas accións na vida diaria, interiorizando ditos hábitos e adquirindo unha autonomía cada vez maior.

O concepto de tempo é algo abstracto para os nenos/as. Se mantemos uns horarios organizados coas súas rutinas ou actividades reguladas en función do momento do día, os cativos sentiranse seguros e, a base de repetir secuencias sempre na mesma orde poderán prever e anticipar o que pasará a continuación.

Un exemplo moi sinxelo de rutinas diarias que seguimos na nosa escola serían o seguintes:

  • Momento de acollida: Unha das rutinas que temos na entrada é o saúdo e a colocación da chaqueta na súa percha, ben coa nosa axuda ou ben coa axuda da familia

  • Asamblea:  Momento de saúdo e de encontro co grupo, conversamos, compartimos algún conto, baile ou canción, observamos que compañeiros non  puideron vir ao cole,…

 

  • Xogo: Todo na escola xira en torno ao xogo, planificamos actividades tendo en conta o nivel de desenvolvemento dos nenos e das nenas, os seus intereses,.. tamén fomentamos momentos de xogo libre durante a xornada.

  • Merenda de media mañá: para que identifiquen este momento cantamos unha canción. Sentámonos e desfrutamos dunha merenda saudable a base de diferentes froitas.

  • Orde: Cantamos unha canción no momento de recollida do material e xoguetes empregados.

  • Momento de hixiene: Cambiamos aos cativos segundo as súas necesidades, pero dentro da xornada tamén establecemos un tempo para ir ao baño a lavar as mans, a facer o control de esfínteres,…

  • A comida: Fomentamos que na medida das súas posibilidades os cativos se impliquen para poñer o mandilón, coller o babeiro, sentarse… Tentamos favorecer coa nosa actitude que tomen a iniciativa durante a comida, permitindo que dende un principio participen, e que pouco a pouco, vaian adquirindo maior autonomía neste momento.

  • O descanso: neste momento acompañamos os nenos/as creando un clima relaxante e cálido a empregando música clásica. Cada cativo ten a súa hamaca no mesmo sitio sempre co seu chupete, manta e osiño o que facilita o recoñecemento por parte dos cativos, unha vez que localizan o espazo, comenzan a espirse,…

  • A despedida: intercambiamos información coa familia de como transcurriu o día reforzando os lazos de comunicación e confianza mutua.

Todas estas rutinas axudan a que os nenos/as se adapten mellor.

A acción conxunta entre a familia e a escola favorece moito a adquisición dunha serie de hábitos nos nenos/as, básicos para a súa autonomía e o seu desenvolvemento posterior, por iso o intercambio de información entre pais e educadores é algo fundamental…

  • ” Los hábitos en educación infantil “ Driekurs, R.(2003)
  • ” Educar a niños de 0 a 6 “ Vallet, M.(2004)
  • ” La importancia de los hábitos y las rutinas para niños y bebés “ Guía infantil.com

Os momentos de alimentación nas escolas infantís unitarias

Dende a Escola Infantil de Xunqueira aportamos unha pequena reflexión sobre como concibimos o momento do comedor na nosa escola que é unitaria.

Todo momento na escola infantil é educativo, neste sentido cobran gran importancia as actividades cotiás, xa que van máis alá de cubrir as necesidades básicas das cativas e cativos. O momento do comedor ademais de ser unha actividade vital para os nenos é un momento no que se propicia o desenvolvemento dunha gran cantidade de hábitos, destrezas, actitudes,… como por exemplo:

  • Sociais: establécense relacións cos iguais, cos adultos, hai unha reafirmación do vínculo afectivo, aprendizaxes básicos de autonomía,..

  • Sensoriais: discriminación de sabores, olores, temperaturas,…

  • Lingüísticos: ampliación do vocabulario básico

  • Nocionais: conceptos frío/quente, cheo/baleiro, pouco/moito

  • Motrices: control postural, coordinación óculo-manual,…

Rol do adulto:

  • O adulto deberá manter unha actitude relaxada, paciente.

  • Deberá acompañar para dar seguridade, invitar e observar.

  • Non esixirlles por riba das súas posibilidades, nin na cantidade nin na autonomía persoal.

  • Non forzará a comer con estratexias de chantaxe, engano ou forza nin verbal nin de autoridade.

  • Non xulgar nin comparar; hai que respectar a cada neno coa súa propia personalidade.

  • Os criterios deberán ser flexibles e adaptables á diversidade de características, ritmos e intereses de cada cativo/a.

  • A verdadeira tarefa do educador consiste en escoitar e respectar aos cativos, tratar de comprender o que lles ocorre, porque lles ocorre, permitirlles ser co seu propio ritmo.

Organización:

A práctica educativa da escola é algo diferente á maioría; non temos servizo de cociña polo que as familias mandan a comida en tuppers e quéntase. Para atender ás necesidades reais das nenas e nenos consideramos necesarios uns criterios comúns:

 Cando pasar á nena ou neno do colo á trona:

  •  Cando a súa postura permite que permaneza sentado na trona.

  •  Cando mostran interese pola súa alimentación ( botan a man a culler,…)

 Cando pasar da trona á cadeira:

  • Cando sexan quen de sentarse e levantarse por si mesmos ou con axuda puntual.

  • Cando sexan quen de manterse sentados por si mesmos sen caer.

  • Cando teñan interese e iniciativa por comer sós.

Organización evolutiva

  • Grupo 0-1

Estes cativos comen na aula.

É un momento individual con cada neno, recostados no regazo, respectando así a súa postura natural e favorecendo ademais o contacto visual co adulto e polo tanto, a relación nese momento do día tan importante.

Os cativos que lles toca o cambio de biberón a puré, que moitas veces lles costa, que non lles gusta, ó facelo collendo nos brazos, nunha postura similar a da toma do biberón, cústalles menos e o cambio é moito máis agradable; ao mesmo tempo que a relación que se establece co educador é moito máis intensa: o cruce de miradas é constante e a atención que prestan as nosas palabras é patente.

  • Grupo 1-3

Tendo en conta o desenvolvemento evolutivo, hai que ir incorporando de xeito progresivo e segundo as necesidades e características do grupo cuestións organizativas que favorezan a súa autonomía:

Primeiro, cando os nenos precisan maior axuda, o adulto dará de comer a cada neno de xeito individual, cos cativos que mostren interese por comer sós, iniciarase a técnica da dobre culler e permanecerán na trona ata que a súa estabilidade e interese pola comida lle permita permanecer sentados o tempo que dure a alimentación.

Nun segundo momento, xa con máis grado de autonomía, inícianse en comer e beber sós, e son capaces de axudar a por a mesa e recoller o que empregaron, nos seus respectivos recipientes: gabeta de pratos, gabeta de culleres e cubertos, gabeta para os vasos, caixa dos babeiros e cubo do lixo.

Facer que a mesa resulte interesante, rica en operacións que se poidan realizar autonomamente, é tamén un modo eficaz de inducir a os cativos a estar na mesa e a comer.

Favorecer a actividade autónoma quere dicir ofrecer a posibilidade os nenos de tomar parte en todos os acontecementos da vida cotiá que lle son propios, como a alimentación.

Durante os coidados, non se trata de satisfacer unha necesidade fisiolóxica, dar de comer, senón que se trata de todo o positivo ou negativo que o neno recibe, aprende e desenvolve mentres come, do afecto, rechazo ou indiferenza que se lle transmite….

O obxectivo deste momento, non é tan solo satisfacer as necesidades do neno e de guíalo para que aprenda uns hábitos e costumes sociais senón sobre todo este momento ten que ser un momento pracenteiro para o neno E.Pikler xa dicía nun dos seus escritos “Non dar unha culler de máis que o neno non acepte con agrado”.

  • Lobo, E (2004) Educar en el 0-3. Madrid. Ed Teleno

  • Quinto Borghi, B. (2010) Educar en el 0-3. La práctica reflexiva en los nidi d’infanzia. Barcelona. Graó.

A escola no exterior

Reflexión sobre o uso do exterior nas escolas infantís que nos achega a Escola Infantil de Coirós

                                                  A ESCOLA NO EXTERIOR

Todos os espazos da escola son potencialmente educativos, especial importancia cobra o espazo exterior. O potencial educativo deste lugar, o tipo de actividades que nel acostuman a facer as nenas e os nenos, os modos de interacción que permite e potencia, convértenno nun escenario privilexiado para o seu crecemento e desenvolvemento e de observación para as educadoras e educadores.
Se dende sempre o tivemos en conta para realizar un senfín de actividades nel, agora se cabe, cobra maior importancia dada a situación na que nos atopamos coa pandemia provocada polo SARS-CoV-2. Entre outras recomendacións, o protocolo de actuación para as escolas infantís da prioridade ao uso da zona exterior. Damos nas nosas escolas, valor a este espazo exterior? Que nos dí a normativa?
O Decreto 330/2009 do 4 de xuño polo que se establece o currículo de educación infantil na nosa comunidade, no apartado de orientacións metodolóxicas fai referencia:
“Os espazos exteriores deberán ser obxecto do mesmo coidado e planificación que os interiores, explorando as diversas posibilidades de aprendizaxe e interacción que ofertan, sobre todo nuns momentos en que a actividade se desenvolve maioritariamente entre iguais libre de carga dirixista do adulto”.

Escola infantil de Tui


De acordo con autores como Freire, este espazo debería ser un espazo pedagóxico máis, cheo de recursos naturais que permitan educar a partir do descubrimento e do contacto directo con plantas, insectos e outros elementos naturais como a auga, a terra, area…

Diversas investigacións psicolóxicas, Louv (2005), sobre as vantaxes do contacto co exterior fan referencia ao “Trastorno por déficit de natureza”, causando diferentes doenzas “modernas” como depresión, estrés, déficit de atención-hiperactividade, ansiedade… que afectan á infancia e cuxa causa común podería ser a falta de contacto co medio natural.

A natureza potencia os procesos de aprendizaxe e a atención é un mecanismo esencial para aprender. Os cativos senten unha curiosidade innata por explorar o mundo. Por outro lado, a natureza ofrece todos os “xoguetes” que podamos imaxinar e que nos permiten crear de aquí ao infinito.

 

Escola infantil Coirós

 

 

 

 

 

Estamos afeitas/os a escoitar a nenas/os máis maiores que o mellor do cole é a hora do recreo no patio e se nós mesmas/os botamos a vista atrás, seguro que as nosas mellores vivencias e as máis gratificantes tiveron lugar ao aire libre. Entón, por que non facer de ese espazo na nosa escola, un espazo rico en xogo, de descubrimento, de exploración, de aprendizaxe e de asombro?. Como xa dicía Sócrates, “o coñecemento comeza co asombro”.

Escola Infantil de Baiona

Escola infantil de Baiona

Repensemos o xardín como un espazo educativo levando a “aula” ao espazo exterior, achegando a natureza á escola para poder observala e experimentala de forma directa.

Que beneficios nos aporta?

Evita problemas de saúde. Dende unha perspectiva médica, a estancia regular na natureza reforza o sistema inmune diminuíndo a predisposición a padecer enfermidades infecciosas. A posibilidade de contaxio entre os nenos ao aire libre é menor xa que a exposición aos patóxenos tamén é menor. As nenas e nenos melloran o seu estado físico ao facer exercicio sen esforzo, o cal axuda a evitar a obesidade. É a mellor maneira de obter vitamina D e está comprobado que reduce o risco de miopía.

-Pode que nos bote para atrás a idea de saír máis ao exterior porque aquí non nos acompaña moito o tempo pero como dí o outro: “ non hai mal tempo, senón roupa inadecuada”. Pódese remediar calquera chuvascada ou inclemencia do tempo coa roupa adecuada e o movemento.

Fomenta a creatividade.

Beneficia a autonomía.

Axuda ao desenvolvemento de habilidades sociais.

Estimula os sentidos.

Favorece as funcións cognitivas ( memoria, atención, concentración…)

Reduce o estrés.

Escola infantil de Meira

Escola Infantil de Meira

 

 

 

 

 

 

 

 

Temos que animarnos e emprender un proceso de transformación do noso xardín, “renaturalizalo” para o cal temos que involucrar ás familias e a toda a comunidade educativa. Nalgunhas escolas este proxecto será máis ou menos complexo de levar a cabo polas características particulares pero cunha reflexión conxunta do equipo educativo sairán os puntos fortes porque todas o teñen, só hai que atopalos.

Enlaces de interese:

Os momentos de hixiene na escola

A Escola Infantil de Baiona achéganos unha reflexións sobre os momentos de hixiene na escola.

As rutinas do día a día son momentos moi valiosos e poden ser moi ricos en aprendizaxes se lle sabemos sacar proveito. Adicaremos esta entrada a falar do MOMENTO DE HIXIENE, posto que esta é unha boa etapa para comezar a inculcar uns bos hábitos de coidado e autonomía persoal .

Non debemos esquecer que estes momentos e rutinas non deben ser impostas, debemos procurar que sexan  tempos que lles proporcionen goce e satisfacción. Polo que nos  axudará moito facer destes momentos unha actividade lúdica, pois son moitos ratiños ao longo do día adicados a estas rutinas de hixiene e, que mellor que vivilos cun sorriso?

– A HIXIENE COS BEBÉS

 Durante o primeiro ano de vida será o adulto quen satisfaga as necesidades de aseo e hixiene do nenos e da nena (cambio de cueiro, baño, lavala cara e mans, …)

O adulto debe realizalos de maneira suave, planificada e coidando os detalles. Poñendo en palabras o que fai e dando tempo ao bebé para que escoite, centrado no que se fai,  prestándolle atención a ese momento de coidado, de relación interpersoal e co encontro. Respectarase a  súa liberdade de movemento, a súa autonomía e as preferencias como bebé activo.

CANDO O NENO COMEZA A TER INTERESE POR PARTICIPAR

Pouco a pouco, a medida que medran, as nenas e nenos comezarán a colaborar e participar activamente e de xeito natural no lavado de mans, no cepillado de dentes, limpando os mocos, etc. Como adultos debemos acompañalos e axudarlles a ser cada vez máis autónomos e independentes.

É importante que se sigan unhas pautas nestas rutinas que lles faciliten a súa interiorización, por exemplo para o lavado de mans: ofrecer un lugar accesible para lavarse, xabón e toalla a súa altura, e realizar este lavado en momentos concretos, como antes e despois das comidas e despois de xogar e mancharnos.

Tamén é importante dar exemplo. Acompañar aos nosos fillos e fillas no lavado de mans, dentes ou no momento do baño non debe ter só o obxectivo de cubrir ás súas necesidades, igual de importante é darlles a oportunidade de ver como facemos nós, de ver como coidamos a nosa propia hixiene, pois imitar a papá, mamá ou irmáns pode ser un grande xogo! Sen esquecernos de que o nosa labor é acompañar, supervisar, estar presentes e dispoñibles.

Por outra banda, algo que repetimos moito pola súa importancia, é facelos partícipes. Sabemos que non lavarán as mans á perfección, nin serán quen de quitar toda a roupa  no momento do baño, tampouco limparán os mocos sen deixar algún que outro resto, pero como sabedes a mellor aprendizaxe é a vivenciada, polo que unha participación activa por parte dos nenos e nenas no seu coidado persoal será imprescindible no seu desenvolvemento.

Animámosvos a deixalos facer e acompañar aos vosos cativos na súa evolución cara a autonomía.

Por último, pero non por iso menos importante, queremos facer referencia á linguaxe. Por que a linguaxe se estamos a falar de hixiene? Porque é algo que acompaña todas as actividades do día a día e que as veces descoidamos ao facer segundo que cousas. A que nos referimos? Como xa mencionamos, durante os momentos de coidado corporal é indispensable que o adulto se achegue ao neno ou nena con atención e delicadeza, lle comunique sempre por adiantado o que fará e se esforce por comprender e interpretar o que o cativo quere expresar. Non é o mesmo ir dende atrás e limpar os mocos do neno ou a nena que achegarse, situarse de fronte a súa altura, indicarlle que ten mocos e que hai que limpalos.

Esperamos que estas pequenas reflexións vos axuden no día a día a crear uns bos hábitos de hixiene. Recordade que aínda que dende a distancia estamos aquí para o que precisedes.

Unha aperta

Para afondar máis nesta temática podedes descargar o artigo:

Cuidados corporales de acuerdo con los principios de Pikler

  • Inge Fomasi
  • Paulette Jaquet Travaglini
Vol. 5 Núm. 3 (2016),  revista RELADEI ,Miscelánea, Páginas 74-86
Recibido: 21-02-2018Publicado: 21-02-2018

https://revistas.usc.gal/index.php/reladei/article/view/4936