Arquivos do autor: administrador

BENVIDA

Ola a todas e a todos

Queremos trasladarvos a nosa benvida a toda a comunidade educativa a este blog no que atoparedes recursos, ideas, experiencias e reflexións co obxecto de axudarvos a levar mellor estes días na casa coas vosas pequenas e pequenos e coas vosas familias.

Antes de nada, dar as grazas por toda a vosa implicación e participación activa no día a día, que permite a construción dunha escola pensada por e para as nenas e nenos.

O noso obxectivo é acompañarvos e compartir experiencias, xogando xuntos, aprendendo a facer escola e educando en valores.

Contra o illamento nas nosas casas, tendamos pontes a través deste espazo. As distintas entradas e artigos irán dirixidas ás nenas e aos nenos, ás familias, así como ao conxunto do persoal das escolas a través de tres categorías diferentes: (*ver nota abaixo)

  1. Recursos para as nenas e os nenos
  2. Acompañamento ás familias
  3. Compartindo estratexias cos equipos

Agardamos que sexa do voso agrado, seguimos entre todos facendo escola.

Moitísimas gracias e moito ánimo e saúde.

NOTA *(As pestanas coas tres categorias mencionadas, atoparédelas á dereita do blog, e teredes tamén unha entrada ao canal de youtube creado especialmente para este blog de “A Escola Infantil na casa”)