Arquivos mensuais: Maio 2021

As aventuras de Luli

 

Un grupo de alumnos/as do Grao de Mestre/a de  Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela está levando a cabo un proxecto titulado ” AS AVENTURAS DE LULI” dirixido aos nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Os obxectivos plantexados para este proxecto son recuperar a actividade física que se foi perdendo a  causa da pandemia e dar a coñecer lugares da contorna próxima.

As novas tecnoloxías están a a ter un gran peso no ocio dos nenos e nenas, con este proxecto quéreselle dar un xiro ao uso que se fai das mesmas e sacarlles un bo e san proveito. Con esta iniciativa quérese promover que os máis pequenos podan desenvolverse en aspectos relacionados coa expresión e a comunicación corporal, a motricidade infantil así como propiciar que saian ao exterior e recuperen a actividade física

” As aventuras de Luli “conforman unha serie de 14 vídeos nas que os nenos/as deberán axudar á que a mascota Luli supere as probas que se propoñen en cada localización dun mapa máxico. Desta forma lograrán unha chapa ou insignea en cada lugar no que superen o reto, alcalzando, finalmente, a ser os/as  mellores  Scouts xunto a Luli. Serán as propias familias, as que a partir dun modelo presentado nas redes sociais podan elaborar as súas propias chapas ou insignias. Os vídeos iranse subindo semanalmente aos perfiles do proxecto  en Instagram, Facebook e YouTube.

 Animávosvos a participar !!!