Dende a escola infantil de Vigo Valadares achegannos unha reflexión sobre a acollida dos nenos e nenas á escolas infantís.
Os inicios de curso están cheos de interrogantes por parte duns e doutros:
- como será esa familia?
- como responderán as miñas nenas e nenos?
- estará ben a miña filla na escola?
- será amable e atenta a súa educadora?
Sempre damos moita información de como deben actuar as familias, que deben facer para colaborar, e entre tantos datos de horarios, material que deben achegar, normas de convivencia,… pódesenos esquecer, o realmente importante. Con isto referímonos a que entendan o proceso polo que pasarán as súas fillas e fillos, que poidan ter ferramentas para xestionar a situación,e que teñan en nós o apoio necesario para vivir o momento con seguridade e confianza.
A seguinte información extraída dun artigo de Romina Pérez Toldi da súa web: Teta-à-Porter recolle ideas chave destinadas ás familias, agardamos que vos sexan de axuda nas vosas reflexións previas ao inicio de curso:
Acompañar a adaptación escolar (familiarización, vinculación, entrada, transición) non é sinxelo, é un proceso que require dunha presencia consciente, comprensión, sostén e, se é posible, gradualidade.
Algunhas cuestións que consideramos importantes que coñezades para que vos sintades seguras e comprendades as necesidades das vosas fillas e fillos son as seguintes:
-
Anticipar todos os días que sucederá ao día seguinte na escola e que sexa verdade, é importante ser honestos, non mentir nin enganar nin chantaxear (p.e.: se non choras dareiche gusanitos cando veña por ti).
-
Falar en positivo da escola, sen esaxerar, con realismo. Por exemplo: na escola vante coidar, vas poder xogar e explorar, poderás coñecer outros nenos e nenas cos que xogar,…
-
Despedirse ao marchar e saudar ao volver, o contrario xera moita angustia e sensación de inseguridade. Se vos despides deles poden facer o duelo con máis facilidade. Non mentir, non enganar, non despistar (p.e: veño agora e que non sexa certo).
-
Darlles unha referencia comprensible de cando ides volver (antes de comer, despois de merendar…).
-
Non deixalos a comer os primeiros días (e semanas se se fai necesario), o momento da comida como o da sesta son situacións íntimas que requiren de gran confianza co adulto, volvemos á idea de gradualidade.
-
Acoller as súas emocións e sentimentos así como nomealas.
-
Os adultos que acompañades na aula debedes estar en presenza plena (sen móbiles nin conversando todo o tempo con outras familias).
-
Entender que non é obrigatorio que lles guste vir á escola, teñen dereito a que non lles guste e que prefiran quedarse na casa ou nun ambiente familiar.
-
Comprender que as primeiras semanas a demanda de atención pode ser máis intensa e que como adultos é a vosa responsabilidade atendelos e sostelos (p.e: máis demandantes de colos, máis irritados ou cansos,…).
-
Conversar sobre como se senten e como estiveron, que fixeron, que lles gusta e que nos lles gusta, se senten coidados…
-
Entender que ir á escola sempre supón un esforzo por parte do neno e nena, sempre.
-
Hai nenas e nenos que van chorar durante moito tempo no momento da despedida e iso non implica que se sentan abandonados ou non establecesen un vínculo seguro coa educadora. É importante distinguir entre, polo menos, dúas formas de pranto:
-
o pranto da nena e neno que preferiría irse coa súa nai/pai/adulto de referencia e o expresa chorando pero que atopa consolo nos referentes da escola e é capaz de xestionar a situación de forma positiva grazas a este vínculo seguro.
-
o pranto do infante que chora completamente abatido, sentíndose abandonado e sen posibilidade de refuxio nin consolo (este é o pranto que non debería suceder nunca e esforzámonos para quen non ocorra).
-
O proceso de adaptación require un esforzo por parte de todos os adultos acompañantes. Hai que investir tempo, presenza e paciencia.
-
Por último, comprender que non é un proceso lineal e seguramente van ter momentos nos que parecerá que vai ben e outros nos que estarán máis enfadados ou sen ganas de vir á escola, así que deberiamos poder adaptarnos a estes distintos momentos do proceso e reaxustar a gradualidade entendendo que non é «dar marcha atrás» senón unha forma de apoiar o proceso.
As nenas e nenos non son observadores pasivos, comprenden e senten moitos máis do que parece. Por iso, debemos entender a entrada á escola infantil como unha etapa necesaria para que poidan vincularse a novos adultos, e o vínculo require tempo.
Fonte: https://tetaaporter.com/2019/09/12/acompanar-el-proceso-de-adaptacion-escolar-desde-la-familia-2/
I Like!! Really appreciate you sharing this blog post.Really thank you! Keep writing.
Legal Sports Betting in the Philippines
Quote Background The prevalence for chronic kidney disease CKD in dogs varies widely 0 generic cialis for sale An over the counter antiemetic antinausea medicine such as an antihistamine might help
There is remarkably much to learn about this. I think you’ve made sure of the good points in the options
my home page : okbet casino philippines