Dende escola infantil de Vigo Valadares achegannos unha proposta para facer con material natural, neste caso canas de bambú.
Nome actividade: Canas de Bambú
Idades: 2-3/ con adaptación para 1-2
Materiais: Canas de Bambú
Obxectivos:
- Descubrir diferentes sons ao manipular as canas.
- Fomentar as distintas posibilidades que nos ofrecen estes materiais: apilar, facer unha fila, intentar crear algunha forma xeométrica que xa coñezamos etc.
- Descubrir novas sensacións ao tocar as cañas.
- Introducir conceptos pequeno, grande, mediano.
Desenvolvemento da actividade:
Amosar as canas ás nenas e nenos e deixar que as manipulen libremente.
Poñer palabras aos diferentes descubrimentos que van facendo, ou características que van descubrindo coa súa manipulación: esa cana soa moi forte, o son da cana é moi agradable, puideches apilalas, fan ruído ao caer,…
Outra proposta pode ser acompañar coa percusión das canas unha pequena retahíla, conto ou cantiga.
Excelente idea. Muy integradora. Felicitaciones