A escola infantil de As Neves acheganos un xogo moi bo para identificar as partes do corpo e poder expresar como se atopan nese momento as pequenas e pequenos.
Xogando na casa: ¿como me sinto?
Idade: Pequenas e pequenos de 2- 3 anos
Espazo:
Onde a nena e o neno queira e se sinta máis cómodo
Obxectivos a traballar
- Favorecer o recoñecemento e expresión das emociones triste, contento e enfadado
- Poder expresarse de como se sente a través do xogo
- Intentar poñer a boca e os ollos no seu lugar correspondente
- Identificar as diferentes partes do corpo
- Traballar os conceptos de arriba- abaixo
Materiais
- Precisamos dúas cartolinas
- Goma eva para facer as bocas e ollos
- Velcro de dobre cara
- Lapis
- Rotulador ou permanente para repásalo
- Pintura vermella se queremos que a crianza pinte ás bocas o seu gusto
- Tesoiras
- Pegamento
Desenvolvemento:
Primeiro debuxar un circulo na cartolina (que será a cabeza ) e o pescozo.
Despois estas pezas as pegamos nunha cartolina máis grande e lle debuxades o nariz ( para facilitarlle a crianza a colocación a boca e os ollos)
Logo facer as bocas e os ollos de contento, triste e enfadado para traballar as emocións e pegar pola parte de atrás das mesmas un anaquiño de velcro así como na cara para que a crianza as poida pegar e despegar.
Desenvolvemento do xogo
Preguntaredes a nena e ao neno se esta contento, triste ou enfadado para logo explicarlle que terá que buscar as partes do corpo que mais se asemellen a como se sente nese momento.
Fin do xogo:
Cando a pequena e o pequeno demostre desinterese pola mesma.