A escola infantil de Pontevedra Campus acheganos unha receita cun ingrediente moi especial: Ovos de dinosaurio”
Trátase dunha actividade de cociña onde os máis pequenos converterán uns simples ovos cocidos nuns divertidos ovos de dinosauros para acompañar unha ensaladilla, ensalada ou calquera outro prato.
É unha actividade sensorial moi completa xa que se traballan tódolos sentidos , ademais que para cociñar para nenos temos que usar a creatividade e as veces disfrazar os alimentos para que lles chamen a atención.
Materiais:
– ovos (sempre facer un par deles de máis porque o manipulalos para escunchalos e probalos estráganse e non chegan o noso prato)
– colorante alimenticio de diferentes cores
Idades:a partir dos 18 meses
Obxectivos:
-favorecer a autonomía e a psicomotricidade fina.
-participar nas tarefas cotiás da casa.
-promover a creatividade.
-estimular os sentidos.
Desenvolvemento:
1. Ferver os ovos 10 minutos cunha pouca de sal e un chorriño de vinagre.
2. Deixalos arrefriar e logo cascalos. Canto máis se agrieten mais lle entrará o colorante no seu interior .
3. Engade unhas 10 gotas de colorante directamente a cada ovo e logo volve a fervelos durante 2 minutos.
4. Deixa arrefriar e…. listos para descubrir uns ovos cocidos diferentes e moi chamativos.
É importante comezar a involucrar ós cativos nas tarefas do cotiá . A fin de contas todos compartimos o mesmo teito e as tarefas son un asunto no que debemos axudarnos mutuamente e cooperar para que as cousas funcionen e nos sintamos mellor dentro do noso fogar.
Dependendo das súas capacidades poden colaborar pelando os ovos, a botar as aceitunas na ensaladilla, a engadir o millo….
oral Ivermectin: Is honey a probiotic
buy generic ventolin purchase albuterol asthma medications over the counter.
acheter viagra en ligne france https://sildefran.com/ viagra mode d’emploi