Proposta que nos achega a Escola Infantil de Boiro O Saltiño
Nome : XEADO DE FROITAS
Idade: A partir de 9 Meses
Obxectivos:
Fomentar o gusto por cociñar e desfrutar coas súas propias elaboración gastronómicas.
Desenvolver a psicomotricidade fina e a coordinación óculo – manual.
Experimentar ca transformación dos alimentos
Fomentar unha alimentación saudable
Materiais:
- Froitas; fresas, framboesas, arandanos, piña, plátano, mango,…..
- Iogur natural
- Paus de xeado, depresores, culleres, palillos longos….
- Vasos de iogur, taza do café, moldes de xeado, mini vasiños….
- Ganas de pasalo ben
Descrición :
Escollemos froitas que estean algo maduras e que nos apetezan, (utilizar froitas que os bebes teñan introducidas.)
Para facer o xeado, empregaremos iogur natural, poñerémoslle froita que as nenas e nenos poidan pisar cun garfo, observaremos para que quede mesturado, si é preciso axudarémoslle.Podemos probar a mestura, se vemos que é preciso engadimos azucre.
Vertemos a mestura nos moldes ou envases.
Ao conxelador, agardamos ao menos 3 horas, si están máis tempo retirar do conxelador 10 minutos antes de proceder a degustación
No caso de que queiramos facer “brochetas xeadas”, escollemos a froita, partímola se é preciso, se os paus son moi grosos, coa axuda dunha tesoira facémoslle unha punta.
Insertamos as froitas nos paus é ao conxelador, con 1 hora xa están conxeladas, pero si é os temos xa no conxelador pois deixamos un pouco a temperatura ambiente.