Dominó

Achega da Escola infantil de Boiro Praia Xardín.

Para esta actividade precisamos a axuda dun adulto ou irmáns maiores que nos axuden a pintar os materiais. Podemos aproveitar estes días de calor nos que comemos algún que outro xeado para ir gardando os paus dos mesmos.

Nome: Dominó de cores.

Idade: A partir dos dous anos

Obxectivos:

-Identificar as cores

-Estimular a atención

-Desfrutar xogando en familia

Materiais:

-Paus de xeado ou similar

-Rotuladores grosos para pintar os paus

Desenvolvemento:

En primeiro lugar debemos conseguir un número de paus que nos permita elaborar o xogo, sobre doce mínimo para poder comezar e utilizaremos catro rotuladores de cores diferentes. Logo decorarémolos de maneira que se pinte por un lado dunha cor e pola outra de cor diferente. O xogo consistirá en identificar cores iguais nos paus e xuntalos polos extremos da mesma cor.

Unha vez que o teñamos elaborado é doado de levar para xogar onde os nenos elixan.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *