A caseta dos paxaros

Dende a escola infantil de Carballo As Landras fannos a proposta dunha caseta para paxaros.

Nome: A caseta dos paxaros

Idade á que vai dirixida: 1-3.

Obxectivos:

  • Explorar o medio natural.
  • Reciclar materiais dándolles outros usos.
  • Fomentar o respecto polos animais e o medio ambiente.
  • Potenciar a creatividade das nenas e nenos.

Materiais:

  • Unha caixa, brick de leite ou cartón.
  • Pauciños recollidos no campo.
  • Flores silvestres para decorar.
  • Corda ou pegamento.
  • Tesoiras.
  • Calqueira outro material que nos guste para decorar a caseta.


Descrición:
Agora que xa se pode ter máis contacto co medio natural aproveitaremos un paseo para ir recollendo pequenas polas e flores para facer un refuxio para paxaros.
O seguinte paso será buscar na casa unha caixa ou recipiente para poder facer a nosa caseta. No noso caso empregamos un envase do café.


Despois pensaremos que pode necesitar a caseta antes de poñernos mans á obra (un oco para entrar, un tellado, palla para o niño…)
A continuación, coa axuda dun adulto, faremos os cortes precisos coas tesoiras e o cúter para logo pegar ou anoar os pauciños.


Logo podemos decorala como máis nos guste, por exemplo dándolle unha nota de cor con algunhas flores!
Por último, buscaremos unha póla dalgunha árbore para colgala e só queda esperar a que chegue algún paxaro

*Observacións: É moi importante inculcar aos nenos e nenas o respecto polos animais e pola preservación do medio natural dende que son pequenos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *