Xogamos pola casa

Xogando na casa – Por onde imos

Este xogo é moi divertido para traballar os distintos medios de transportes e por onde van dunha maneira entretida e diferente. Achega da escola infantil de As Neves.

Idade: A idade que podemos encaixar máis nesta actividade é de 2- 3 anos.

Obxectivos a traballar

  • favorecer a motricidade fina a través do pegado e despegado do velcro.
  • coñecer e identificar algúns medios de transporte e por onde van (terra, mar, aire).
  • identificar as cores.
  • traballar o sentido do tacto.

Materiais

  • Cartolinas: azul claro, azul escuro, gris
  • Cartón pluma ou cartón reciclado
  • Algodón de cor branca
  • Rotuladores: amarelo, vermello, azul e verde
  • Pegamento de barra
  • Tesoira
  • Lapis
  • Goma de borrar
  • Velcro de pegar de dúas caras
  • Goma eva branca (opcional)

Papel do adulto

Recortamos as cartolinas en tres tiras para facer os distintos tipos de medios: aéreo, terrestre e acuático. O tamaño das tiras vai depender de si o queremos máis grande ou máis pequeno. A continuación pegamos as tiras no cartón pluma ou cartón no cartón reciclado.

Pasamos a recortar o algodón en forma de nubes, recortamos en goma eva ou en cartolina branca, unhas tiras para facer as liñas da estrada. Na parte azul escura lle pintamos unhas liñas facendo forma de olas do mar.

 

 

 

 

 

A continuación debuxamos os vehículos e o neno ou a nena que queira, os pode colorear e pola parte de atrás lle colocamos un banquiño de velcro. Faremos o mesmo con cada medio de transporte.

Forma de xogo

Cada neno ou nena deberá encaixar o seu vehículo no seu medio de transporte, pegando e despegando o velcro ao mesmo tempo que acariciamos as nubes que son moi suaves.

A disfrutar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *