Dende a escola infantil de Carballo As Landras fannos a proposta dun semilleiro caseiro para poder prantar cos nenos e nenas na casa.
Nome: Semilleiro caseiro
Idade: de 18 meses a 3 anos.
Obxectivos:
- Adquirir responsabilidade a hora de regar e coidar as plantas.
- Despertar interese pola plantación e agricultura.
- Traballar a paciencia.
- Compartir tempo en familia.
- Reforzar a autoestima.
- Fomentar a alimentación saudable.
Materiais:
- Táboa de porespán ( nós empregamos unha que se emprega para illar as casas, había unha polo trasteiro) pero pódese usar calquera que atopedes.
- Cúter ( para empregar o adulto)
- Cinta.
- Terra para plantar.
- Legumes : fabas, lentellas, garabanzos, allo, pataca e sementes que quitamos dun pemento vermello e dun tomate.
- Botella pequena de auga cuns buratiños na tapa para regar.
Desenvolvemento:
O primeiro que fixemos foi cortar co cúter láminas de porespán, dúas largas (da medida que se queira), dúas máis cortas e sete no medio para separar unhas prantas das outras.
Logo nós puxemos todo ó redor cinta da que se emprega para pintar, asi tamén puidemos decorala un pouco por fóra.
O seguinte paso foi encher o semilleiro de terra e logo prantar cada legume nun oco.
Por último sería regar coa botelliña pequena de auga e poñer o semilleiro nun lugar donde teña claridade. No noso caso como temos un ático fixemos un semilleiro da mesma medida ca nosa repisa da ventá do salón. Queda moi bonito e así ten moita calor e claridade.
Agora o que falta e ter moita paciencia e regar todos os días as prantiñas para que medren e que dean os seus resultados. Éste foi o resultado un mes despois.
E este é o resultado despois de pasados tres meses , regando todos os días. Algunhas legumes non saíron adiante como foi o allo, o millo tamén se nos secou un pouco.
Espero que vos gustase o noso semilleiro, nós seguimos regando e coidándoo moito. Animádevos é unha actividade moi gratificante na que ides observar o proceso de crecemento das sementes.