A escola infantil de Vilaboa acheganos unha proposta de como realizar debuxos que aparecen coma por arte de maxia.
Nome da actividade: “Debuxos máxicos”
Idade: 2-3 anos
Obxectivos:
- Desfrutar pintando
- Descubrir obxectos que están escondidos na cartolina
- Iniciarse nas actividades plásticas
- Mellorar a coordinación oculo-manual
- Crear momentos máxicos
- Ampliar vocabulario dos obxectos que pintemos
Material:
- Cartolina branca
- Pinturas de cores
- Pincel
- Cera branda branca
Desenvolvemento:
Collemos a cartolina branca e debuxamos coa cera branca diferentes obxectos ou algo que lle guste @ nen@. Repasamos varias veces a silueta dos obxectos para que despois se miren mais.
Unha vez pintado os obxectos damos a cartolina @ non@ para que poda pintar de xeito libre por toda a cartolina e da cor que queira. Votarémoslle bastante auga a pintura para que quede liquida e se mire perfectamente a silueta según vaia pintando.
Podemos deixar que pinten en diferentes cores, mesturado o una soa cor, como prefiran. O rematar de pintar os debuxos falaremos có nen@ para que nos diga se recoñece algo do que esta pintado na cartolina.