A merendar!

Dende a escola infantil de Bueu fannos unha proposta de merenda.

Nome: “A merendar”

Idade: a partir de 2 anos

Obxectivos:

  • Exercitar a psicomotricidade fina
  • Experimentar distintos materiais coas súas mans e manipular alimentos
  • Reforzar vínculos coa familia
  • Estimular o interés pola froita
  • Concienciar da importancia da froita como un alimento esencial para a súa vida.

Materiais: galletas, laranxa, plátano, prato, cunca, garzo, culler, exprimidor, vaso

Descrición:

  • O primeiro paso antes de comezar a actividade é lavar moi ben as mans.

 

 

 

 

  • Nunha cunca introducimos as galletas que imos rompendo en anacos coas mans (canto máis pequenos mellor)

 

 

 

 

  • Exprimimos a laranxa (podémolo facer cun exprimidor eléctrico ou coas mans)
  • Vertemos o zume nas galletas e axudándonos dun garfo imos aplastándoas para que queden ben desfeitas.

 

 

 

 

  • Pelamos e cortamos en rodaxas o plátano e aplastámolo co garfo, incorporámolo á mezcla

  • Dámoslle voltas co garfo para que quede todo remexido e xa temos a merenda feita. Decorámolo cunha galleta.

 

 

 

 

BO PROVEITO!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *