Dende a Escola Infantil de Foz enviamos unha proposta para facer un areeiro na casa. No verán temos a oportunidade de xogar coa area na praia, como alternativa podemos improvisar un pequeno areiero no fogar.
Os xogos con area estimulan a creatividade e animan aos nenos/as a realizar cousas por eles mesmos. A nivel cognitivo traballamos conceptos como cheo/baleiro, seco /húmido, traballamos a psicomotricidade fina ao usar os rastrelos e as pas ou outros tipos de contedores, encántalles experimentar a multitude de transformacións que este material permite.
Para facer un areeiro podemos utilizar:
- unha caixa de cartón.
- un contedor de plástico.
- unha bañeira de bebés.
- unha cesta de vimbia, cubríndoa cunha tea para evitar que salga a area.
No contedor meteremos area fina e pode ser húmida ou seca, isto permitiranos realizar diferentes tipos de actividades.
Os materiais que podemos utilizar para o xogo poden ser de diferentes tipos:
- Materiais da natureza: pedras, cunchas, pauiños, follas, flores…
- Materiais do día a día: coadores, peites, moldes de flan, moldes para galletas, rolos de papel hixiénico, ..
Este tipo de xogos podemos realizalos tanto no interior como no exterior. O que pretendemos con este tipo de propostas é que os nenos/as desfruten de diferentes formas de xogar, manipular e de experimentar por eles mesmos/as.
Dentro deste tipo de experiencias aparecen diferentes maneiras de xogo que debemos ter en conta:
- Un xogo sensorial e manipulativo: fundir as mans na area, coala entre os dedos, trasladala dun lado a outro coas mans e tocar cos nosos brazos a area. É un xogo para explorar e descubrir as posibilidades que nos dá a area e unha vez que os nenos/as xa experimentaron e manipularon coas súas mans entran en xogo outros elementos como os citados anteriormente.
- Un xogo simbólico: utilizando a area para facer comidas, ser unha montaña para os nosos animais, estradas para os coches…
- Diferentes xoguetes para xogar con area: cubos, pauiños, pas…
- Outros xoguetes como animais, coches…