Xogo en familia

Dende a Escola Infantil Galiña Praia Xardín, Boiro, propoñémosvos un xogo moi divertido que vos fará bailar, cantar, saltar, berrar…

Nome: xogo en familia
idade: a partir de 1 ano.
Material:
Papel continuo ou folios ou follas de xornal.
Pinturas: vermello, azul, verde, amarelo.
Tapa de botella ou obxecto para lanzar.
Impresora, ganas de debuxar ou pantalla para visualizar imaxes.

A finalidade do xogo:

Principalmente pasalo ben en familia e que así o tempo se pase mellor. Pero ademais traballaremos os seguintes obxectivos:
Reforzar a psicomotricidade

Coñecer as onomatopeias do gato, vaca, galo e can.
Traballar o silencio e o son en diferentes intensidades.
Coñecer a forma xeométrica : o círculo.
Coñecer as cores: azul, amarela, vermella e verde.
Traballar a espera.

Descrición:

para levar a cabo este xogo necesitaredes papel, cores e onde poder ver as imaxes si non as facedes en papel.
Entre todos os da casa deberedes debuxar 12 círculos no papel continuo ou en folios unidos ou en páxinas do xornal…podedes facelo a ollo ou utilizar un prato ou obxecto circular como modelo.
Logo coloreades 4 círculos de cada cor ( vermello, amarelo, verde e azul) e 4 cuartillas tamén destas cores (cara A) nas cales, na outra cara(cara B), debuxaredes cada imaxe que vos propoñemos ao final deste documento . ( ou teredes á vista ditas imaxes nunha pantalla para que podades escoller a acción a realizar).
Por exemplo:
PANEL DE CÍRCULOS PLANTILLA AZUL mais DEBUXO
                                                        Cara A Cara B

 

 

 

E COMEZA O XOGO: para o que só necesitaredes un obxecto para lanzar no panel dos círculos e GAÑAS DE PASALO BEN.
Lánzase o obxecto no panel, e collerase unha tarxeta da mesma cor que o círculo no que quedou o obxecto e a continuación realizarase a acción que indique dita tarxeta ou o que lanzou o obxecto escollerá unha das imaxes desa cor que mostra a pantalla.
Cos mais maiores podedes seguir unha orde ao lanzar o obxecto para así fomentar a espera e a orde da quenda.

PROPOSTAS DE ACCIÓNS


Esperamos que vos gustara esta proposta, e si é así podedes ir cambiando as accións e incluso engadir mais formas xeométricas. A disfrutarrr!!!

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *