Interesante actividade que nos achega a Escola infantil de Camariñas
Nome: Debullando chícharos
Idade: A partir de 24 meses
Obxectivos:
- Coñecer e experimentar con produtos da natureza
- Estimular os sentidos do tacto, vista, e olfacto.
- Exercitar a motricidade fina.
- Desenvolver a coordinación óculo-manual.
- Establecer relacións de cooperación con adultos/as
- Aprender novo vocabulario sobre alimentación
Materiais:
- Vainas de chícharos
- Bolsa para os desperdicios
Descrición:
Dende a nosa escola propoñemos achegar a natureza as vosas casas e, aproveitando que a partir de mediados do mes de maio xa se pode comezar a recoller os chícharos … que mellor momento para elaborar unha actividade cos máis pequenos/as da casa!?
Colocamos as vainas nunha cunca, imos collendo de unha en unha, abrímolas e imos pouco a pouco sacándolle os grans para outra cunca. Así ata rematar de abrir todas as vainas.
É un proceso un pouco laborioso porque hai algunha que outra vania que custa abrir e leva tempo pero tamén é certo que é unha actividade entretida para realizar en familia. Hai que ter coidado porque moitas veces os chícharos escapan.
Unha vez debulladas todas as vainas podemos facer una deliciosa receita: Chícharos con xamón, tortilla de chícharos, crema de chícharos,…