Retais de natureza

A escola infantil de Coles acheganos a natureza á casa cunha proposta.

Nome da actividade: retais de natureza

Idade: 1 a 3 anos

Obxectivos:

  • Desfrutar da natureza coa familia
  • Observar os cambios que sufre a natureza nas diferentes épocas do ano
  • Desarrollar o sentido do olfato
  • Traballar a relaxación
  • Fomentar a creatividade artística
  • Valorar a beleza e o coidado do noso entorno

Materiais:

  • Flores
  • Follas
  • Ramiñas
  • Cartolina
  • Cola

Desenvolvemento da actividade:

Invitaremos ás nenas e nenos a dar un paseo polo campo e a ir recollendo nunha cestiña aquelas flores ou follas que mais lles gustan. Aproveitaremos o paseo para pasar tempo de calidade cos nenos e a intercambiar diferentes curiosidades e información das cousiñas que nos imos atopando no camiño. É importante respectar as súas inquedanzas e os seus ritmos, nun paseo calmado, sen presas, no que a observación é a nosa maior aliada para conseguir a calma e a relaxación que as veces precisan.

 

 

 

 

 

Para culminar a nosa actividade pegaremos con cola nunha cartolina os nosos tesouros e fabricaremos así un recordo fermoso do noso paseo.

Variante da actividade:

Se nos atopamos noutros contextos poderemos adaptar a actividade os nosos paseos. Por exemplo, se paseamos pola Praia buscaremos algas, cunchas, pedras…

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *