Paseo cos pés descalzos

Dende a escola Infantil de Sada convídannos a facer coas nenas e cos nenos no seu primeiro ano de vida paseos na natureza cos pés descalzos, sorprenderalles?

Nome da Actividade: Paseos cos pés descalzos

Idade recomendada: 0-1

Obxectivos:

  • Potenciar as distintas capacidades sensoriais das nenas e nenos.
  • Iniciarse na discriminación e coñecemento das distintas texturas, tactos, temperaturas, durezas…
  • Fomentar a liberdade e independencia de movemento, o que lle permitirá explorar o mundo estimulando a súa autoestima e a súa seguridade.
  • Desfrutar e coñecer explorando sen limites o seu mundo.
  • Animar ás familias a realizar coas cativas/os actividades de exploración na natureza de forma responsable.

Materiais:

  • Distintos elementos naturais do contorno

Desenvolvemento:

Con esta proposta quérese promover nas primeiras saidas das cativas e dos cativos á natureza , o campo, a praia que para explorar o seu entorno mais próximo se descalcen poidendo reptar, gatexar, sentar, camiñar polas distintas superficies herba, area, terra, madeira, auga, flores, rochas, pedras…, coa finalidade de ofrecerlles multitude de oportunidades para explorar e experimentar o que lles vai facilitar ter distintas sensacións, percepcións e información do que lle rodea.



 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *