Encesta

A Escola Infantil de Ares achéganos unha proposta para que as nenas e nenos o pasen ben confeccionando o xogo e proben as súas habilidades para encestar.

Nome da actividade: Encesta

Idade á que vai dirixida: 2-3

Obxectivos:

  • Experimentar con diferentes materiais cotiás
  • Desenvolver a creatividade
  • Exercitar a psicomotricidade fina

Materiais:

  • Vaso de iogur
  • Folio
  • La ou corda
  • Celo e materiais para decorar

Desenvolvemento:

Collemos o vaso do iogur e decorámolo con gomets, por outra banda, collemos un folio e o pintamos de cores. Cando o noso folio estea bonito, facemos unha boliña con el e o forramos co celo. Unha vez que temos a boliña forrada, cortamos un anaquiño de la e pegamos un extremo ó vaso de iogur e o outro a boliña que fixemos co folio.

Podedes visualizar todos estes pasos no video que vos presentamos a continuación, xa estamos listos para encestar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *