A importancia da afectividade no 0-3

Reflexión sobre a afectividade que nos achega a Escola Infantil de O Rosal

Dende a escola infantil do Rosal facemos unha reflexión sobre o afecto nas nenas e nenos xa que son a base do seu desenvolvemento.

Queremos destacar a importancia que teñen as mostras de cariño nas pequenas e pequenos, por medrar seguros, felices e ter maiores oportunidades para enfrontarse ao medio que os rodea.

O afecto é un sentimento imprescindible para todos os humanos, especialmente para os máis fráxiles, como son as persoas maiores e as nenas e nenos. É tan necesario que sen afecto enferman, e non só con disfuncións psicoloxías, e no comportamento de pequenos e pequenas senón que, tamén con enfermidades físicas, e dos seus órganos. A falta crónica de afecto produce diminución de inmunidade e en consecuencia mais infeccións, mal nutrición e talla baixa. No pasado estes efectos eran claramente visibles en nenas e nenos de orfanatos por que sufrían unha intensa e permanente falta de cariño e estímulos. Na actualidade, as consecuencias da falta de afecto son menos evidentes no desenrolo físico, pero continua sendo unha causa de talla baixa.

O afecto consiste en escoitar ás pequenas e pequenos, respectar as súas opinións e entender as súas necesidades.

É moi importante mostrar afecto con abrazos, caricias, agacharnos a altura dos seus ollos e falar con palabras respectuosas e claras, xerar momentos agradables e sobre todo desfrutar con eles. O máis importante non é a cantidade senón a calidade.

O afecto inflúe de gran forma no concepto de si mesmo, na maneira de afrontar a vida e prodúcelle: Seguridade, equilibrio interno, capacidade de integración, entusiasmo, fortalece a amizade e as relacións cos demais e desenrola os sentimentos.

As veces existe a crenza errada de que entregar afecto é facer e darlle todo o que queren as crianzas, nada mais lonxe da realidade, por que é a linguaxe que as nenas e nenos comprenden máis tanxible. Mostrarlles afecto consiste en estar pendente das súas necesidades, darlles moito amor pero sempre marcando limites.

Referencias bibliográficas:

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *