Dende a escola infantil de Cangas Choupana acheganos a horta á casa.
Nome: A horta na casa
Idade: a partir de 18 meses
Obxectivos:
- Compartir tempo en familia, tanto cultivando como coidando despois a planta.
- Manipular diferentes materiais naturais: terra, leituga, tomateira.
- Recoñecer diferentes plantas.
- Favorecer a coordinación óculo-manual.
- Potenciar a motricidade fina.
Materiais:
- Botellas ou garrafas de plástico.
- Terra.
- Leitugas, tomateiras… ou outras, como fresas.
- Tesoiras e/ou cúter.
- Un vaso.
Descrición:
Esta estación do ano é boa para cultivar alimentos saudables como a leituga, os tomates, as fresas… nos imos aproveitar para plantar unha tomateira e unha leituga, pero vos podedes plantar o que queirades.
1º collemos as garrafas, neste caso, e debuxamos un cadrado na parte superior da botella. Logo recortámolo pola parte inferior e laterais. E por último, subimos a solapa e prendémola cun prendedor.
2º Coa axuda dun vasiño ou coas mans, imos botando a terra na garrafa. Logo presionámola ben e botamos mais se é preciso.
3º Facemos un burato no centro e introducimos a leituga ou a tomateira, cubrimos a raíz coa terra e presionámola un pouco.
4º Por último, botámoslle un pouco de auga e baixamos a solapa.
E listo! Xa temos as nosas plantiñas preparadas e con moito cariño, botarémoslles un pouquiño de auga todos os días e esperaremos a que medren para poder degustalas.
Tamén os deixamos outras opcións…
Cortando as garrafas nun lateral…
ou utilizando botellas e colgándoas