Xogos para o espello

Proposta que nos achega a Escola Infantil de Quiroga para realizar xogos cos máis pequenos no espello.

Nome: Xogamos no espello

Idade: 0-2 anos

Materiais: Un espello grande e unha manta

Obxectivos:

  • Iniciación nas relacións sociais e comunicación
  • Recoñecemento de si mesmo e do seu nome
  • Identificarse co seu nome
  • Toma de conciencia da súa individualidade
  • Inicio ao recoñecemento de partes do corpo

Descrición:

A modo de xogo, collemos ó neno/ nena entre os nosos brazos e poñémonos diante dun espello canto máis grande mellor, onde nos podamos ver os dous. Buscaremos unha postura cómoda e relaxada para iso podemos poñer una manta no chan.

Diante ó espello, deixamos que o neno se observe, logo dicímoslle o seu nome.

Seguramente estará mirándose e non se recoñeza, dicímoslle o seu nome e sinalamos no espello coa nosa man. Repetimos varias veces, sempre deixando pasar tempo polo medio sen cansar ao pequeno, que o neno desfrute do xogo. Deixaremos que o neno se achegue ao espello coa súa man, intentará tocar a súa imaxe no espello.

Se o neno, vemos que desfruta do xogo, podemos pasar a nomear partes do corpo e sinalarlle no espello.

Cós máis pequenos, xogamos a por caras e muecas.

Sinalar: o nariz, a boca, os ollos, as orellas e sacar a lingua.

Si colocamos o neno diante do espello e pintamos na súa fronte un punto por exemplo con barra de labios , si se mira e intenta quitalo, podemos dicir que ten superado con éxito na etapa do espello, a súa identificación.

No libro “ Todo un mundo de Sonrisas , juegos mes a mes para un bebe feliz” de Elisabeth Fodor y Monterrat Morán (E.D Pirámide) podemos atopar xogos para o espello.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *