Xeados con froita e iogur

Receita que nos achega a Escola Infantil de Ortigueira

RECEITA XEADOS CON FROITAS E IOGUR

Boas familias, hoxe achegámosvos unha receita orixinal que podedes elaborar xunto cos vosos pequenos e pequenas. A idea de esta proposta é facer unha merenda divertida e saudable. Podedes aproveitar para introducir algunhas froitas que inicialmente rexeitan, ou tamén para empregar aquelas que xa empezan a estar moi maduras para comer a peza enteira.

INGREDIENTES:

  • Froita do voso gusto conxelada previamente xa pelada e cortada para o seu consumo

  • 1 Iogur natural

  • Azucre ou mel (opcional)

    UTENSILIOS:

    • Unha maquina de xeado, batedor de vaso ou picadora (o que teñades)

    • Vasiños ou pequenos recipientes para colocar os xeados.

    • Opcional: envases para xeados, pauciños ou culleres pequenas (só se queredes facer xeado tipo “polo”)

    Pasos a seguir:

    1. Debemos ter previamente a froita que nos guste xa cortada no conxelador. Podemos empregar calquera froita que nos guste. Unha boa idea e empregar a froita que as veces comeza a estar moi madura para o seu consumo ou cando temos moita cantidade. Deste xeito sempre teremos froita no conxelador para elaborar esta merenda.

      1. Empregaremos un iogur natural (sen azucre engadido) para darlle máis cremosidade á textura do noso xeado. Tamén podemos empregar un pouco de leite pero iso xa o deixamos ao voso gusto persoal.

      2. Nun recipiente mesturamos as froitas aínda conxeladas co iogur e a continuación metemos todo na maquina de xeado, no batedor de vaso ou na picadora (segundo o que vaiades a empregar).

      Neste momento poderiades engadir un pouco azucre ou mel se vos apetece aínda que a froita lle da dozura suficiente ao xeado.

      1. Picamos todo

        1. A textura do xeado é cremosa polo que o mellor é comelo no momento aínda que tamén se podería gardar en pequenos vasos engadíndolle un pau ou unha culler e metelos no conxelador e así o que teriamos serían xeados tipo “polo”.

        2. Suxerencia de presentación: unha vez batido podedes meter a mestura nunha manga pasteleira para darlle unha forma máis bonita.

          Esperamos que vos guste!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *