Movemos todo o corpo

A Escola Infantil de Sada achéganos unha proposta para facer distintos xogos populares no exterior coa familia.

Nome da Actividade: Movemos todo o corpo

Idade á que vai dirixida: 2-3 anos

Obxectivos:

  • Gozar da natureza en familia
  • Desenvolver a motricidade grosa
  • Traballar a forza nas extremidades e a coordinación de todo o corpo
  • Estreitar os vínculos familiares

Materiais:

Un espazo aberto e amplo, sen obstáculos para poder facer os diferentes xogos

Desenvolvemento:

Agora que podemos saír e realizar actividades ao aire libre, que mellor que rescatar os xogos tradicionais e populares nos que podemos gozar xuntos toda a familia.

Carretilla: Agrupámonos de dous en dous e un fai de carretilla andando coas mans e o outro é quen leva a carretilla, suxeitando ao seu compañeiro polos dous pés.
As parellas parten dunha liña de saída e outra de meta, é importante que o que leva a carretilla non empuxe máis da conta e adáptese á velocidade que o seu compañeiro para que a carretilla non caia.


O túnel: Poñémonos todos nunha fileira e a continuación separamos as pernas, en posición de ponte ou túnel. O último da fila pasa por baixo do túnel e poñerase de primeiro, isto repítese ata que todos pasen por debaixo. Podemos complicalo un pouco aumentando a velocidade.

Carreira de tres patas: Poñémonos en parellas e cun cordón de zapato ou un pano por exemplo atámonos as dúas pernas (a perna dereita dun xogador coa esquerda do outro). Unha vez que todos están atados, trázase unha liña de saída e outra de chegada (meta) e faise a carreira. Gaña a parella que chega antes á meta; pódense facer varios equipos e carreiras…


A pita cega: Un dos xogadores cúbrenselle os ollos cun pano, este será o que faga da pita cega. Os demáis poranse ao redor dela, tentando que a pita non lles toque, pero se é así esta terá que adiviñar de que persoa se trata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *