Choiva de pétalos

Proposta que nos achega a Escola Infantil de Boiro O Saltiño

Nome: Choiva de pétalos

Obxectivos:

  • Descubrir algúns elementos do contorno

  • Desfrutar dos elementos que nos ofrece a natureza.

  • Descubrir as distintas texturas de algúns obxectos: áspero, rugoso, suave,…

  • Mellorar a motricidade fina.

  • Fomentar a curiosidade polo descoñecido.

  • Estimular os sentidos de tacto, vista e olfato

Contidos:

  • Os distintos elementos da natureza: pétalos, cunchas, pedras

  • A mellora e práctica da motricidade.

  • A curiosidade polos elementos naturais típicos do contorno próximo

  • A estimulación dos sentidos: tacto , vista e olfato

  • As distintas texturas dos elementos naturais

  • Gusto e desfrute da natureza e dos elementos que nos proporciona

Materiais:

  • Elementos da natureza: pedras, cunchas, flores, auga…

  • Cubetas para auga

  • Culleres

  • Telas

  • Escurridores/ coladores

  • Papel de forrar

  • Celo

Descrición da actividade:

Debido a que estamos en datas nas que xa comezamos a ter bo tempo, aproveitamos para propoñervos levar a cabo esta actividade: suxerimos acompañar aos cativos e cativas a explorar o contorno en busca de pedras, flores, cunchas… experimentar libremente con elas e logo ofertar distintas modalidades de xogo con eses mesmos obxectos.

En primeiro lugar, propoñemos a actividade que da nome a esta proposta; desfacer as flores, deixando os pétalos para que os manipulen, logo entre dous adultos poñelos pétalos sobre unha tela e xogar a botalos por riba dos cativos a modo de chuvia.

Outra proposta é a de pegar o forro adhesivo no chan a modo de alfombra, (pégalo con celo ancho nos bordes do forro e coa parte da pega cara arriba) de esta maneira os cativos poderán pegar os pétalos sobre esta alfombra e incluso camiñar descalzos por ela; ou ben pegado na venta e poner sobre ela os pétalos.

Finalmente, cunha cubeta de auga deixaremos que proben a experimentar que pasa cando mollamos estos elementos naturais,(pedras, cunchas, flores…) e podemos intentar cazalos con culleres e /ou escurridores….

Lembrade que todos os obxetos non poidan mancar os cativos , e xogar sempre vaixo a ollada do adulto!!!

Desfrutade da natureza!!!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *