Xogamos con proxeccións

A Escola Infantil de Narón convídanos a facer un xogo con proxeccións, coas que nenas e nenos sorprenderanse de poder visualizar distintas imaxes na parede pero que lles pasa se as tocan?

Nome: Xogamos con proxeccións

Idade: 2-3 anos

Obxectivos:

  • Desenvolver a creatividade e a imaxinación
  • Potenciar a capacidade de observación e atención
  • Superar os medos a escuridade e as sombras a través da súa comprensión
  • Traballar a linguaxe a través da representación
  • Desenvolver habilidades plásticas

Materiais:

  • Vasos de plástico
  • A escola infantil de Narón acheganos unha proposta de xogo con proxeccións.Rotuladores permanentes de diferentes cores
  • Un foco de luz (lámpara, linterna, o teléfono móvil…)

Desenvolvemento:
Nun primeiro momento deixamos os vasos e os rotuladores para que as nenas e os nenos os manipulen libremente e o tempo que precisen. A continuación, amosámoslles a fonte de luz e pouco a pouco imos deixando a habitación a escuras ata que descubran que se colocan o vasos diante da fonte de luz, os debuxos e as súas cores vense reflexados na parede.

 

 

 

 

 

 

O rol do adulto será de guía e acompañante no desenvolvemento da actividade. Podemos aproveitar o recurso para narrarlles algún conto sobre algo que esperte aos seus intereses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *