Todo o que nos ensinan os nenos e nenas

A Escola Infantil de Meira trata de achegar tanto ás familias como as/aos profesionais que nos adicamos a educación infantil un recurso moi interasante que temos en internet: o proxecto do BBVA  “Aprendemos xuntos, un proxecto  de educación para unha vida mellor”.

Dende este proxecto manteñen a idea de que a educación é unha grande oportunidade para mellorar a vida das persoas. O proxecto nace coa idea de involucrar a toda a sociedade no reto para que cada neno e nenas atope a súa paixón e desenvolva o seu máximo potencial, xa que parte da base de que todos e todas somos nenos e nenas á hora de aprender, polo que trata de impulsar a conversa sobre a educación para que esta ocupe o lugar que lle corresponde, outorgándolle aos/ás axentes educativos/as as ferramentas, experiencias e coñecementos para que cada persoa poida vivir educacionalmente a mellor vida posible.

Este programa educativo que BBVA realiza en colaboración co xornal “El País” e o grupo Santillana está tendo unha gran acollida a través da difusión da súa web, redes sociais, Youtube…Son casi 200 videos publicados que recollen a testemuña e os consellos de mestres, psicólogos, científicos ou pedagogos.

Trátase dun programa educativo que grazas a presenza destes profesionais o converte nunha fonte fiable para a consulta de calquera aspecto sobre a educación.

Entre outros moitos videos que ofrece o proxecto dende a escola infantil de Meira destacamos o video: Todo lo que me enseñaron los niños”, como comezo, aperitivo de outros moitos videos que se poden consultar na páxina. Nel, o seu ponente: José Antonio Fernández Bravo (recoñecido mestre de didáctica da matemática) comparte a través do seu relatorio a súa experiencia educativa de máis de tres décadas, recopilando unha serie de anécdotas e observacións que conforman o seu pensamento pedagóxico. Trátase dunha serie de reflexións educativas cheas de sensibilidade e humor.

“Mestre” é a palabra que mellor define a este profesional da educación: Doutor en Ciencias da Educación, investigador e escritor, este docente conta ademáis con tres maestrías sobre lóxica, formación do profesorado e deseño educacional.

Observar e ensinar dende o cerebro do que aprende son os pilares da súa fórmula pedagóxica os cales compartimos dende as escolas da Rede.

Dedico mi vida a escuchar a los niños. Se trata de amar lo que haces, amando a aquel al que diriges lo que haces” asegura o docente, partindo desta idea amósanos a riqueza persoal e profesional que extrae da súa rutina profesional diaria coas crianzas e que nos pode ser moi motivadora como profesionais.

O ponente comenza o video afirmando que foron os nenos e as nenas os/as que lle ensinaron a ensinar, esta afirmación serve de guía para reformular o modo de ensinar do profesional, tratando de explicar a través de exemplos prácticos como foron os nenos e as nenas quenes, a través da súa observación directa e a escoita activa, lle fixeron dar un volco a súa forma de educar, de ensinar.

O video mostra a necesidade de reformular a educación tal e como a coñecemos hoxe en día, e máis agora en que debido a pandemia que estamos a vivir, todo o que coñecíamos ata o de agora precisa ser repensado, reinterpretado: os espazos, os métodos, os grupos, os tempos,…

O video é unha demostración de como muda a nosa forma de ensinar unha vez que nos detemos a interactuar coas crianzas e vemos cómo éstas razoan ás diferentes cuestións que lles ofrecemos dunha forma natural, inocente pero propia, individualizada, baseada na experiencia e nas aprendizaxes que elas mesmas fan no seu día a día.

El afirma que caemos moitas veces en que os pequenos e pequenas non razoan, pero o problema radica en que pensamos que non razoan porque descoñecemos a causa real pola cal se expresan. Esto é certo xa que moitas veces non nos decatamos de cal é o motivo ou motivos reais que levan aos nenos e nenas a facer unha ou outra cousa, a pensar dunha ou doutra forma. É máis sinxelo etiquetar, poñer nome os problemas que indagar neles. Moitas veces nas crianzas as súas respostas, as súas accións escapan do que nós como pais e nais, mestres, educadores esperamos delas, ben porque nos acomodamos ao “esperable” ou desexable e cando nos responden ou actúan doutra forma totalmente diferente á que programamos nos desacougan, nos rompen os esquemas.

Dende a escola infantil de Meira quedámonos coa idea que retransmite o ponente de que temos que aprender a adaptar a nosa mirada á mirada infantil e coidar con mimo o que dicimos e o que facemos porque somos o espello no que se miran.

Trala visualización do video decatámonos de que quizáis, como mantén o autor, o adulto sexa un neno empobrecido; polo que temos que traballar coas crianzas a escoita activa e partir da súa mirada para comprender o seu mundo, xa que son as crianzas as que nos ensinan día a día que non hai método de ensino superior a capacidade de aprendizaxe da mente humana.

Outra das aportacións que destacamos do autor neste video é a manifestación que fai de que as crianzas lle ensinaron a calar para que falaran elas, como así o recolle a frase: “Son tus silencios los que conquistan su voz”.

Deixemos entón que sexan as crianzas as que nos digan, as que nos ensinen e mudemos a crenza de que nós estamos para ensinar aos nenos e nenas para que elas aprendan, pola crenza de que aquí ensinamos todos porque aquí aprendemos todos.

En resumo, este vídeo trata de poñernos, como profesionais da educación infantil, no lugar do neno ou da nena, da súa forma de interpretar a realidade, trátase de voltar a ser nenos/as en definitiva, para desta forma poder entendelos/as e que se sintan comprendidos/as polo adulto.

Queremos deixar constancia de que xunto a este vídeo, aqueles e aquelas profesionais interesados/as por mellorar a súa práctica docente e as familias na súa labor de acompañamento das súas crianzas, poden atopar outros similares que, de seguro, lles van a resultar pedagóxicamente moi interesantes sobre a forma de ver e interpretar o mundo dos máis pequenos.

Agardamos que sexa do voso interese!

Podedes visualizar o video proposto na seguinte ligazón:

Todo lo que me enseñaron los niños. José Antonio Fernández Bravo. Maestro.https://www.youtube.com/watch?v=6E4ct50dPKs

1 reflexión sobre “Todo o que nos ensinan os nenos e nenas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *