O descanso na nosa escola

A escola infantil de Burela presentanos como realizan o descanso na súa escola.

O momento do descanso na nosa escola

No día a día da escola atopámonos con diferentes momentos como á hora da: acollida e recollida dos nenos e nenas, da comida,  da hixiene, do descanso;  en todos eles a premisa fundamental é o o respecto polos ritmos persoais de cada neno e nena, presentándoos de xeito  que lles permita ter iniciativa e satisfacer as súas necesidades nun ambiente de confianza e liberdade.

Centrándonos na hora do descanso na escola, hai que ter en conta o ritmo e o tempo de cada neno e nena e favorecer a súa autonomía neste momento.

Dependendo no grupo de idade, a planificación deste momento vai ser diferente, polo tanto imos presentar pautas distintas partindo do respecto á necesidade da nena/o.

  • No nivel de 0-1:

    • Vai vir marcado pola demanda da nena ou neno e adaptación da rutina a esa demanda, é decir, non podemos ter unhas normas ríxidas sobre o momento do descanso senón que temos que responder ás necesidades das nenas e nenos segundo o demostren.

    • Unha comunicación activa coas familias onde consigamos información de como, cando e canto durme na casa, como pasou a noite, se fixo sesta…que nos servirá para adaptar os horarios.

    • Neste nivel, comezaremos en berces (cada neno ou nena a súa), cas súas mantiñas e algún obxecto que lles proporcione tranquilidade. Co paso do tempo, e tendo en conta o seu proceso evolutivo (gatexan ou desprázanse sen axuda) faremos o cambio ao colchón, habilitando e adecuando o espazo para que poidan subir e baixar sen perigo ningún. É importante comentarllo ás familias o proceso que se vai levar a cabo, preferiblemente ao inicio do curso, nas entrevistas cas familias.

    • Non podemos enfocar este momento como unha batalla para conseguir durmir aos cativos, senón que debemos afrontalo con tranquiliade adaptándonos ás súas distintas necesidades empregando o tempo necesario que se precise.

  • No nivel 1-2:

    • Neste nivel temos que partir de dúas opcións:

      • Se xa estiveron o curso pasado: optaremos pola continuidade do proxecto iniciado na etapa anterior, e ir fomentando a autonomía dos cativos, sen presas e con unha comunicación activa á hora de traballar as distintas rutinas previas ao descanso.

      • Se son de novo ingreso: a parte de levar a cabo as mesmas pautas que para os nenos e nenas de renovación, tentaremos aportarlles tranquilidade, abordando este momento na aula previamente, explicarlles o que imos facer, tanto a eles como as súas familias, explicándolles como tratamos o descanso na escola.

Cabe sinalar, que neste nivel, hai momentos de descanso, non só despois de comer, senón durante a xornada. Acondicionaremos un espazo na aula para este fin que se utilizará obedecendo ás necesidades das nenos y das nenas. É importante lembrar que os equipamentos  tipo :  hamacas e Maxicoxi non son axeitadas para o descanso xa que non permiten o movemento do corpo nin o control postural do bebé.

  • No nivel 2-3:

    • Nesta etapa tamén teremos en conta se estiveron o curso pasado

    • Neste nivel, adquirirá moito peso a autonomía, favorecendo en todo momento a súa participación activa en todos os hábitos e rutinas que comezan despois do momento da comida, como o lavado de mans, o control de esfínteres, desvestirse e a colocación de súa ropa, etc.

    • Aínda que neste nivel, as sestas de media mañá van desaparecendo, tamén podería habilitarse algún recuncho na aula que favoreza á relaxación e o descanso por se o necesitaran.

Aspectos a ter en conta en todos os niveis:

  • Que o lugar habilitado sexa tranquilo e seguro, a poder ser sen moitos estímulos.

  • Propiciar un ambiente relaxado, xa sexa con música relaxante ou simplemente, falando baixiño e sen moitas alteracións externas.

  • Acompañar aos nenos e nenas neste momento coa nosa presencia, dando seguridade e afecto.

  • Fomentar a autonomía en todo o proceso.

  • Contemplar o momento da acollida despois de levantarse da sesta, como un momento cálido e afectivo, de reencontro co grupo, coa posibilidade de participar nalgunha actividade tranquila e motivadora.

Fontes de información utilizadas:

A parte de reflectir neste documento a experiencia propia da nosa escola, cito a continuación algúns documentos que pode servirvos para ampliar o voso coñecemento:

  • Revista Aula de Infantil, núm.36, marzo-abril 2007, “Acompañando a dormir”.

  • Blogue “Tecendo os fíos na rede”, “Momentos do descanso no espazo dos bebés”

https://www.escolasinfantisdegalicia.es/apoio/2018/04/18/o-momento-do-descanso-no-espazo-dos-bebes/

  • Battista Quinto Borghi (2010). Educar en el 0-3. La práctica reflexiva en lo nidi d’infanzia. Editorial Graó.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *