Educar sen medo

O pasado mes de febreiro na Semana da Educación organizada polo Concello de Tomiño, tivemos unha oportunidade que non podíamos deixar escapar moi preto da nosa escola. Participar na conferencia baixo o título “educar sen medo” pola experta en infancia Pepa Horno.

Unha reflexión sobre os afectos como base da crianza e o desenvolvemento. Un toque de atención sobre a necesidade de concentrar os esforzos de familias e educadores no fortalecemento emocional de nenos e nenas. Un modelo de relación coa infancia baseado no vínculo para cubrir as necesidades básicas de afecto e seguridade. Potenciando a afectividade como base da educación.

A poñente destaca tres claves para poder educar de xeito respectuoso, promovendo relacións afectivas positivas de xeito activo e consciente:

A primeira, aínda que poida parecer paradóxica, sinala o autocoidado do coidador. Coidarnos para poder educar dende un certo equilibrio emocional. Dende o convencemento de que os adultos transmitimos a educación a través das nosas vivencias, do exemplo e das relacións afectivas. Porque educamos no que estamos vivindo e non poderemos educar ben, senón estamos ben. Buscaremos a loxística para poder adicarnos un tempo. Un tempo que permita xerar as condicións persoais para axudar na relación educativa cos pequenos, xa que nos permitirá o respiro para seguir dende unha posición de máis equilibrio.

Na segunda clave convídanos a tomar conciencia de como estamos facendo as cousas. Unha mirada sen medo sobre a nosa relación cos nenos e nenas. Tomando consciencia dende a premisa de que con toda seguridade imos a equivocarnos. Reparar nas veces que puidemos facerlles dano moi o noso pesar. E dende este recoñecemento, saber perdonarnos para poder evolucionar cara a unha relación máis respectuosa e afectiva cos nenos e nenas. Implica iniciar un proceso de cuestionamento das prácticas educativas dadas, para poder comezar unha transformación dos patróns de relacións coas pequenas e pequenos.

De terceira, ofrécenos a chave da afectividade consciente. O desenvolvemento pleno dun neno ou nena so será posible se os adultos somos quen de garantir un entorno de seguridade en todos os espazos de crianza e convivencia. A define como a capacidade do adulto de xeito voluntario e sistemático de xerar un entorno protector, cálido emocionalmente e dentro del, establecer relacións afectivas positivas cos nenos e nenas. Non se trata da afectividade espontánea, senón a que se busca con consciencia, a pensada para cada momento. Os afectos débense converter na pauta cotiá na educación infantil e convídanos a trasladar a todos os momentos e relacións un entorno de seguridade a través de rutinas afectivas.

Porque non educamos no que dicimos, senón no que vivimos. Todo o que non se converte en vivencia, non chega aos cativos e cativas, comezando polo cariño. Un pequeno non se sabe querido, síntese querido. E o sinte a través dos infinitos pequenos detalles que crean un clima afectivo que respira e dende o que se desenvolve. Converter en vivencia cotiá aquilo que queremos transmitir podería ser a clave, aínda máis, neste tempos de pandemia.

Convidamos a todos os compañeiros e compañeiras da rede a afondar neste referente educativo, no convencemento da relevancia das súas achegas e no acompañamento afectivo da infancia.

Interesante:

  • Blog de Pepa Horno Goicoechea

.           http://www.pepahorno.es/

  • Vídeos sobre o vínculo afectivo de Pepa Horno

 https://www.youtube.com/watch?v=HUb4cIYhN5k

https://www.youtube.com/watch?v=rFf1Egq_EJk

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *