Facemos colares de flores

Aproveitando os paseos que facemos cos nosos nenos e nenas, para que se lle fagan máis amenos e entretidos, a escola infantil de Cangas O Hío proponnovos facer unha búsqueda de flores e despois faremos colares cos que poderemos agasallar as persoas que queiramos.

Nome: Búsqueda de flores e elaboración de colares.

Idade: dende 1-2 e 2-3 anos.

Obxetivos:

  • Facer das saídas, un momento máis divertido e entretido para os nenos e nenas.
  • Pasar momentos divertidos en familia.
  • Descubrir recursos naturais.
  • Disfrutar da natureza e dos “tesouros” que nos ofrece.

Materiais:

Para a búsqueda das flores, podemos levar unha caixa ou calquer recipiente para gardar as flores.


Para a elaboración dos colares: faremos a masa de pan: fariña, sal e agua.

Descrición:

A nosa actividade consiste en que no noso paseo, propoñamos aos noso cativo ou cativa buscar flores e recollelas para despois facer uns colares.

Por tanto, levaremos unha caixa, e a medida que imos camiñando recolleremos flores…nesta recollida podemos mirar se son grandes ou pequenas, as cores, se nos gustan ou non, ou se hai algún becho…

Feita a nosa recollida e chegado a casa…

…podemos poñernos mans a obra e facer a masa de sal.

Para a súa elaboración, so temos que mesturar dous vasos de fariña, unha de auga e unha de sal, e amasar.

Unha vez feita, podemos guiar os nosos nenos e nenas ou deixar libremente que elaboren eles os colares como mais lle guste., ou simplemente aplastar as flores na masa e facer un pequeño cadro, e poder ter un recordo da nosa saída.

Unha vez feitos, podemos metelos no forno ou como fai calor o podemos deixar secar o aire.

Secos e listos, metemos o cordel polo buraco e xa podemos presumir de colares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *