O universo nun bote sensorial

A Escola Infantil de Pontevedra Campus achéganos o universo.

Nome: O universo nun bote sensorial

Materiais:

  • Un bote de cristal, algodón, purpurina en po e estrelas, colorante alimenticio e un pouco de auga.

Obxectivos:

  • Promover a creatividade.
  • Desenvolver a percepción sensorial dos nenos e nenas.
  • Practicar a coordinación óculo- manual.

Desenvolvemento:
1. Enchemos pola metade o tarro con auga e botámoslle unhas pingas de colorante, (neste caso azul) e remexeremos.

 

 

 

 

 

 

2. Engadimos purpurina e estrelas brillantes, mesturamos.

3. Introducimos algodón para que absorba case toda a auga.

4. Repite o proceso varias veces ata encher o bote.

5. Para que se noten as distintas tonalidades botarémoslle unha pinga doutra cor (neste caso o vermello) e xa temos “O UNIVERSO NUN TARRO”

Estamos ante un recurso para motivar a curiosidade , o interese de explorar o descoñecido.
Tamén podemos úsalo como método de relaxación xa que este tipo de botes están deseñados para axudar ós máis pequenos a reducir os estados de ansiedade ou enfado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *