Negra sombra

Proposta de actividade no exterior para nenas e nenos de 0-3 anos da Escola Infantil de Vilaboa.

Nome: Negra sombra que me asombras!

Idade: 0-3 anos.

Obxectivos:

  • Desenvolver e potenciar a creatividade e a imaxinación.
  • Invitar ao xogo e a experimentación.
  • Observar, recoñecer e distinguir distintas figuras.
  • Xogar coas formas das sombras e improvisar.
  • Gozar ao ar libre coa familia.

Materiais:

  • Saba.
  • Corda ou un pau.
  • Pinzas da roupa.
  • Disfraces e complementos.
  • Algunha marioneta, xoguete ou calquera outro obxecto.

Desenvolvemento:

Aproveitaremos un día soleado para saír e buscar un lugar tranquilo onde pendurar a nosa saba. Podemos atar a corda entre dúas árbores e tendemos a saba suxeitándoa con pinzas ou simplemente dúas persoas suxeitarán a saba polos extremos.

Despois para lograr as sombras os nen@s situaranse no lado da saba que quede frente a fonte de luz, neste caso o Sol, para que as súas sombras se proxecten nela e deixamos que xoguen libremente, que voe a súa imaxinación, experimentando, representando e observando as sombras que fan.

 

 

 

 

Mentres tanto do outro lado da saba, observaremos estas sombras que tanto se transforman e intentaremos distinguir formas, descubrir figuras, obxectos… desfrutando da maxia do espectáculo.

 

 

 

 

Aquí vos deixamos un precioso poema para reflexionar sobre a luz e as sombras:

Mi sombra me sigue

Mi sombra me atrapa

Mi sombra se encoge

Mi sombra se alarga.

Me invita y se esfuma

Se dobla y se agranda

Y baja cuando subo

Y sube cuando bajo.

Y sin ningún trabajo

Es dinosaurio o nube,

Es gigante o enano

Y está donde ya estuve.

Sombra que prolongas

La noche en el día

Ahí donde te pongas

Eres mi otra y la misma.

Sombras que asombras

Bajo sombrero o sombrilla,

Dime en silencio, hermana,

Dime, ¿por qué no brillas?

Edgar Allan García

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *