Machacamos cáscaras de ovo cun morteiro

Dende a escola infantil de Burela Os Castros acheganos unha nova proposta. 

Idade: A partir de 1 ano.

Obxectivos:

  • Desenvolver a concentración e coordinación motriz.
  • Recoñecer as diferentes texturas e tamaños.
  • Experimentar e manipular os diferentes morteiros.

Materiais:

  • Morteiros de varios tipos e tamaños. Mellor que sexan de diferentes materiais así poden apreciar as diferentes texturas ( madeira, plástico, cerámica, mármore..)
  • Cáscaras de ovos, galletas maría, grans de pimenta, sal gorda… do que dispoñamos pola casa.

Descrición:

Collemos varios morteiros e colocámolos enriba da mesa. No primeiro momento deixamos que manipulen os morteiros e poidan apreciar as diferentes texturas e tamaños. Unha vez que manipularon e experimentaron con eles é cando lles proporcionamos as cáscaras de ovo, galletas… para comezar a moer.

 

 

 

 

Antes de nada faremos unha mostra nós para que vexan como queda machacada a cáscara de ovo, que despois poderemos esparexer polo noso xardín ou horta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *