Lenzo transparente

Na escola infantil de Porriño Doantes achegannos unha proposta para facer cos mais pequenos.

Nome: Lenzo transparente

Idade: A partir de 18 meses.

Obxectivos:

  • Exercitar o coordinación óculo-manual.
  • Fomentar a creatividade.
  • Pasar un momento de lecer.

Materiais:

  • Film transparente de cociña.
  • Pintura de dedos ou similar.
  • Pincel ou coas mans.
  • Unha cadeira.

Descrición:

Collemos a cadeira e dámoslle a volta para deixala coas patas cara  arriba, envolvemos as patas co film de cociña, dándolle varias voltas e  xa está, dámoslle ao neno a pintura e o pincel, ou se quere coas mans, e deixámoslle que se exprese.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *