A festa de san Xoán

 

A noite do 23 de xuño convertese na nosa terra nunha noite chea de rituais e maxia, saltamos a fogueira para purificar todos os nosos males e pedimos novos desexos.  Se é posible acompañamos o ritual con música galega tradicional e compartimos historias, poemas e cantigas e  cos nosos familiares e amigos.

  Achegamos unha proposta en relación á noite de san Xoán

A Escola infantil de Marín Seixo acheganos a posibilidade de disfrutar da tradición do San Xoán.

Actividade: Noite de san xoán.

Idade: Dende o ano e medio.

Xustificación

Dende a escola parécenos importante que as nenas e nenos coñezan as tradicións da nosa comunidade, e unha das mais importantes e a celebración de san xoán na noite do 24 de xuño. Con esta actividade pretendemos que os nenos coñezan os distintos ritos asociados a esta data, que son distintos segundo as diferentes zonas.

Obxectivos:

  • Recoñecer as tradicións.

  • Gozar compartindo actividades e momentos coas familias.

  • Desenvolver o sentido do gusto.

  • Valorar as actividades feitas en grupo.

  • Adquirir hábitos de hixiene antes e despois de manipular distintos obxectos.

  • Construír unha cacharela.

  • Elaborar a auga de san xoán

Desenvolvemento da actividade

Temos que facer unha cacharela entre todos os membros da familia para elo xuntamos paus, papeis, caixas…; e as xuntamos todas para facer a cacharela a cal prenderémoslle lume na noitiña do 23 ó 24 de xuño, sendo tradición saltar por riba de ela para quitar o meigallo. Para elo temos que saltala entre tres e sete veces dependendo das tradicións da zona.

Tamén teremos preparada a nosa auga de san xoán para lavar a cara na mañá do 24. Para a súa elaboración precisaremos:

  •  Herbas: se aconsella empregar o (deberemos usar polo menos) sete herbas con propiedades aromáticas e medicinais, no noso caso usaremos:

-poenso

-herba luisa

-lavanda

-sexta

-malva silvestre

-menta

-romeu

-fiúncho

-nai selva

  •  Auga : como manda a tradición, a equipa educativa percorreu a súa contorna buscando a auga das sete fontes:

-Beti, colleu a auga na fonte de Pastoriza, en Ardán, no concello de Marín.

-Gonzalo, colleu a auga na fonte de Tui.

-Bea, colleu a auga na fonte de cabanas, no concello de Pontevedra.

-Ana, colleu a auga na fonte da devesa, no concello de Soutomaior.

-Isa, colleu a auga na fonte de corón de arriba, no concello de Vilanova de Arousa.

-Begoña, colleu a auga na fonte de morañó, no concello de Campo Lameiro.

-Carmen colleu a auga na fonte de Dorrón, no concello de Sanxenxo.

Unha vez que temos a auga das sete fontes, Botamola nun recipiente xunto coas herbas, e deixámola nun sitio ao exterior, para que pola noite lle caía o orballo. Pola mañá teremos que lavar a cara con esa auga.

A tradición manda nesta noite, cear sardiñas asadas con pan de millo, e logo saltar a cacharela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *